Unanimidade na Asemblea da UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense celebra a súa Asamblea Ordinaria de metade de tempada na que presenta as súas contas. O clube ingresou ata o momento 169.000 euros e gastou 164.000. Previsións de superávit un ano máis. O clube segue a espera das subvencións e os socios aproban o emprego do fondo social no caso de que non cheguen a tempo.

Un ano máis, a UD Ourense celebrou a súa Asamblea de metade de tempada onde a directiva fixo balance da primeira metade da tempada. O acto celebrouse na “Casa do Chocolate” de contou ca presencia de case 50 socios, que foron os encargados de aprobar as contas actuais, así como de votar o emprego do fondo social que garda o clube dende o seu primeiro ano de vida.

O acto arrincou cun minuto de silencio en memoria de María Teresa García, muller de Manolo Rois, ex presidente de CD Ourense e socio fundador do clube e nai de Raúl Rois, traballador tamén do finado equipo vermello, socio fundador da UD Ourense e actual delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense.

A unanimidade foi a tónica xeral da Asamblea, na que os socios aprobaron todos os puntos do día presentados pola directiva. O primeiro punto do día ratificou a condición de socio a 8 novos ourensanistas, que se suman os 327 que actualmente teñen dereito a voto nas asembleas, polo que o clube pasa a contar con 335 socios, unha cifra que ven crecendo de forma exponencial dende a creación da Unión Deportiva Ourense.

O segundo punto do día consistiu na aprobación da liquidación do presuposto da tempada 2016-2017. O clube ingresou xa as cantidades pendentes por publicidade e está a espera de ingresar a subvención da Deputación de Ourense, por valor de 15.000 euros, que xa está aprobada e que se recibirá nas próximas semas. O clube ingresou 232.792 euros na tempada na Primeira Autonómica, cun gasto que rondou os 211.068 euros, o que arroxa un superávit de 21.274 euros.

No terceiro punto do día a directiva expuso as contas da actual tempada, no que o clube ingresou 169.429 euros, gastando ata o momento 163.977, polo que o superávit é de 5.452 euros. No desglose explicouse que no apartado de ingresos, 55.884 euros corresponden o aportado por socios e aboados, 37.416 a publicidade, 26.619 o recadado nos encontros en o Couto, 39.000 da canteira e 9.774 correspondente a outros conceptos. No capítulo de gastos, 95.400 euros son da partida de desprazamentos e gastos do primeiro equipo, 20.000 a material deportiva, 10.000 en alquileres de instalacións, 12.000 en gastos federativos e arbitraxes e 4.000 en servicios varios.

A directiva vermella tamén fixo unha estimación do que se prevee de cara a final de tampada, na que o clube espera ingresar outros 128.000 euros e gastar uns 132.000. Agárdase que a cantidade de ingresos varíe en previsión dos partidos na casa e na chegada dalgún novo aboado e patrocinador. As subvencións da Xunta, Deputación e Concello, pendentes de recibirse,  rondarán os 50.000 euros.

No cuarto punto, a directiva someteu a votación o emprego do fondo social creado en 2014 e no que hai uns 27.000 euros aproximadamente. Este fondo empregarase no caso de que as subvencións non se perciban próximamente e haxa algún problema de liquidez, que pese a todo non se ve probable. Unha vez estas cantidades acordadas sexan ingresadas, e no caso de que o devandito fondo teña que ser empregado, a directiva devolverá as cantidades empregadas para restaurar o fondo social.

A Asemblea rematou cos rogos e preguntas dos socios asistentes que formularon propostas a directiva e deron o seu punto de vista en diversos temas.

La entrada Unanimidade na Asemblea da UD Ourense aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Unanimidade na Asemblea da UD Ourense

Mas noticias relacionadas