Resumo da fin de semana de #ANosaBase

Publicado por: U.D. Ourense

Xuvenil

UD Ourense 2-0 Ourense CF “B”

Triunfo importante da UD Ourense no derbi, que lle permite seguir unha semana máis coliderando a clasificación, empatados a puntos co Chantada. Os vermellos marcaron dende o principio as diferencias, guiados por un Carlos que se multiplicaba no campo e que fixo o primeiro tanto pouco antes do ecuador da primeira metade. Manuel sentenciaría no 87 un partido que rematou con vitoria, 2-0, e que lles permite os vermellos sumar 20 puntos en 8 encontros.

Cadetes

UD Ourense 2-1 AD Vila do Corpus

Vitoria balsámica dos cadetes para intentar achegarse os postos de permanencia, dos que quedan a 4 puntos, tralos tropezos de Salgueiriños e Portonovo e o triunfo dos nosos. Jesús adiantaba os locais os 5 minutos, pero os pontevedreses acadaban a igualda 10 minutos despois. Con táboas chegábase o descanso. Xa na segunda metade, un tanto de Álex Gómez daría o triunfo e 3 puntos vitais os nosos.

UD Ourense “B” 3-5 CD Maceda

Derrota do conxunto adestrado por Luis González, nun partido frente a un rival directo na loita por clasificarse para a seguinte fase copeira. Adiantáronse no marcador os visitantes, pero 4 minutos despois, David Valverde devolvía a igualada o luminoso. Tralo descanso, o que se chegou con empate, chegaría o regueiro de goles. En 7 minutos, chegarían 5 goles que decantarían a balanza. O Maceda anotou 2 seguidos e Donovan recurtou diferencias, antes de que os macedáns fixeran o 2-5. David Valverde maquillaría o resultado nos últimos minutos. Os vermellos quedan a 3 puntos dos postos de clasificación.

Infantís

CF Monforte 4-2 UD Ourense

Derrota do conxunto infantil no seu partido correspondente a clasificación ligueira polo título da categoría. Os vermellos tropezaron en Monforte diante dun rival de similares características os vermellos, pero que fixeron valer o seu poderío nos momentos decisivos. Os locais marcharon con vantaxe o descanso, cando vencían por 2-0. A reacción vermella chegou tarde e tivo resposta de forma inmediata, o que privou os nosos de sacar algo positivo das terras de Lemos.

UD Ourense “B” 0-5 AD Bosco “B”

Derrota do filial infantil no seu último partido de competición ligueira. Os vermellos enfrontábanse a un Bosco co que pelexaban polos postos de ascenso. Ante imposibilidade do primeiro conxunto de ascender a galega, non había opción de dar o salto de categoría. Os nosos despediron a competición con derrota, pero acadaron un meritorio terceiro posto e comezan esta próxima fin de semana competición copeira.

Alevís

CDC Santa Teresita 1-5 UD Ourense

Vitoria do primeiro equipo alevín que dirixe Álex Castro diante do Santa Teresita. Os vermellos seguen buscando as súas opcións de participar no campionato galego e sitúanse a 6 puntos do cuarto clasificado, posto que da ascenso a desputar este torneo. Os vermellos foron moi superiores o seu rival e con 3 tantos en 4 minutos deixaron o partido visto para sentencia. Gran imaxe e 3 puntos recurtados, o soño aínda é posible.

UD Ourense “B” 2-5 CF Monforte “B”

Partidazo o que se presenciu en Miraflores entre dous conxuntos que chegaban invictos a cita e que colideraban a táboa clasificatoria nesta segunda fase da Liga. Os vermellos adiantáronse no marcador, pero 3 minutos despois recibían o tanto do empate. En apenas uns segundos, chegaría o segundo dos monfortinos, o que supuxo unha xarra de auga fría. O descanso chegabase cun marcador de 1-3. Na segunda metade os vermellos recurtarían, pero os monfortinos sentenciarían case o final.

UD Ourense “C” 6-0 UDC Barbadás

O terceiro equipo alevín que adestra Ramón Dacosta prosegue co pleno de triunfos en competición. Os vermellos sumaron o a súa décimocuarta vitoria no que vai de Liga e suman 42 puntos. O partido decantouse dende o comezo do nosos favor e o resultado o descanso era xa de 4-0. Na segunda parte, chegarían os 2 tantos que deron a vitoria os nosos rapaces por 6-0.

Benxamís

CDC Santa Teresita 0-2 UD Ourense

Vitoria importantísima do benxamín, que vence a un rival directo na loita pola desputa dos postos que dan acceso o campionato galego benxamín. Os vermellos impuxéronse por 0-2 nun encontro moi desputado entre dous grandes equipos. Con este triunfo, os nosos rapaces sitúanse a 2 puntos da cuarta praza. e alimentan as súas opcións de meterse entre os millores equipos de Galicia.

EDC Verín “B” 5-1 UD Ourense “B”

Derrota do segundo equipo benxamín na súa visita a terras verinesas. Os nosos recibiron un tanto moi pronto e dispuxeron posteriormente de oportunidades para igualar a contenda. Un tanto dos locais antes do descanso puxo o 2-0. Os nosos reaccionaron tarde e non tiveron opcións. Os locais anotaron os seus 2 últimos goles do encontro no último minuto.

Prebenxamís

EDC Barbadás 3-2 UD Ourense

UD Ourense “B” 0-9 ED Ourense “B”

La entrada Resumo da fin de semana de #ANosaBase aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Resumo da fin de semana de #ANosaBase

Mas noticias relacionadas