SD Nogueira – UD Ourense: Seguinte parada, A Tella

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita este domingo as 17:00 horas o campo de A Tella, nun novo derbi provincial, o último da tempada en competición doméstica. Os vermellos enfrontanse a un rival moi compricado coma local e que fai valer moi ben as súas armas. Unai, Adri e Samuel serán baixa no conxunto que adestra Fernando Currás. 

Nova final para o Ourense, que prosegue na súa loita por meterse nos postos de ascenso a Terceira División. Sete xornadas restan para o final de tempada e o ourensanismo xa soña con outro ascenso, pero para acadalo tocará loitar e sufrir. Os vermellos marchan en terceira posición a 1 punto do Moaña, que ocupa a segunda praza. Os nosos dependen de sí mismos para xogar o próximo ano en categoría nacional, polo que so vale o triunfo na Tella.

Os vermellos afrontan este encontro ca moral recargada tralo triunfo ante o Bande, pero sabedores que o encontro en Luintra non será nada sinxelo. Enfrente estará un Nogueira que coma local convertese nun rival moi compricado e deixa poucos espacios os rivais para despregar o seu fútbol. Os de Abel Afonso, inmersos na loita pola permanencia non poden deixar escapar máis puntos e sairán extramotivados para tratar de dobregar o Ourense.

Fernando Currás non poderá contar para esta cita con Adri, que prosegue con molestias no menisco, ni con Samuel. A eles súmase Unai, con permiso do clube por motivos persoales. Sí que estará a disposición do técnico Fran Martínez, quen sufriu no adestramento de onte un choque de testa con Carlos, pero ambos atópanse en perfecto estado. O limian tamén poderá estar a disposición para o trascendental encontro do xuvenil, que pode acadar o ascenso a galega.

Os ourensás acumulan varias xornadas invictos e buscarán seguir unha semá máis neste camiño. Trala vitoria acadada en Bande, a dinámica dos ourensás destaca pola regularidade defensiva, onde se deu ca tecla para non encaixar tantos. De feito, os vermellos foron quen de deixar a porta a 0 nos últimos 5 encontros ligueiros fronte a Campo Lameiro, Grove, Pontellas, Ribeiro e Bande. Unha eficacia que lle permitiu os vermellos revertir a súa situación na táboa e reengancharse o ascenso.

O técnico apostará con toda seguridade por un XI moi similar ao do encontro ante o Bande, aínda que podería haber variacións. Pato estará baixo paus e a zaga podería estar composta por Josu, Corzo, Vieytes e Codeso ou Oli, deixando a medular para Germán, Luis e Fran ou Presas e actuando en ataque Alfredo, Joni e Hugo García.

A continuación a rolda de prensa de Adrián Presas.

La entrada SD Nogueira – UD Ourense: Seguinte parada, A Tella se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: SD Nogueira – UD Ourense: Seguinte parada, A Tella

Mas noticias relacionadas