UD Ourense 1-0 Mondariz CF: Nova vitoria no camiño o ascenso

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense supera o Mondariz gracias a un tanto de Fran Martínez na segunda metade. Os vermellos prosiguen unha semana máis liderando a táboa e suman 8 vitorias en 9 xornadas, acumulando 9 encontro sen encaixar. 

Partido clave para seguir na primeira praza, nun choque ante un duro rival, que lle complicou a vida a todos os equipos da zona alta da táboa, incluindo a un Ourense que caeu na súa visita o estadfio rival por 2-1. O once inicial sería o dos últimos partidos, sen cambios no esquema. Os primeiros compases foron de alternancia de xogo por parte de ambos os equipos.

A primeira chegada sería de Germán nun disparo que despexaría o porteiro a córner. Alfredo no 19´e no 21´, probaría de lonxe a Gabri pero detería o porteiro visitante. A primeira chegada con perigo do Mondariz sería no 31´, disparo de Victor que se iría a escasos centímetros da meta defendida por Pato. De novo Alfredo no 32´, faría a réplica dos unionistas que detería Gabri. De novo o 11 local antes do descanso dispararía fóra. Os visitantes quedarían con 10, por unha agresión de Fer a Presas.

Entraría Fran polos locais no segundo tempo. Hugo dentro da área, sector esquerdo viraríase e sacaría un derechazo que se iría tocando o traveseiro. Vieytes no 53´, iríase ao ataque e o seu disparo é detido por Gabri. Joni, no 66´, dispararía nunha ocasión moi clara que desviaría o porteiro visitante. No 75´, chegaría o gol local, disparo de Hugo que desvía Gabri, para que Fran no segundo pau, marque raso ao porteiro do Mondariz. Nos minutos finais foron de moito xogo no medio campo pero ambos os equipos non inquietarían aos porteiros contrario chegándose ao final co 1-0.

Resultado que mantén as distancias con Porriño (2 puntos) e Atios (3 puntos). Ao Estradense co seu empate, sepáranlle 5 puntos dos Ourensáns. A próxima visita a Baiona, o vindeiro domingo ante o Erizana. Nos prolegómenos do encontro, homenaxeuse o conxunto alevín.

Consulta a galería de imaxes en:

Facebook                  Flickr

La entrada UD Ourense 1-0 Mondariz CF: Nova vitoria no camiño o ascenso se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-0 Mondariz CF: Nova vitoria no camiño o ascenso

Mas noticias relacionadas