UD Ourense 1-2 CCAR Valladares: As rapazas rozan a heroica

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense cae ante o líder, o Valladares, nun partido no que mereceron polo menos o empate. Gran imaxe das pupilas de Rubén García, que en varias fases do encontro foron moi superiores a un rival ata agora invicto. A lesión de Jani puxo a nota desagradable da xornada.

Chegaba a Os Remedios o Valladares, ca vitola de líder destacado da categoría e equipo invicto que conta todos os seus partidos por gañados, agás dous empates e con tan só 6 tantos encaixados en contra. Chegaba en busca dunha nova vitoria e tiveron que sufrir para conseguila posto que o Ourense non so plantou cara o rival, senón que ata o superou en varias fases do encontro, despregando un gran xogo e gozando de ocasións claras.

O partido comezaba con malas novas para as nosas, tras recibir un tanto en contra o minuto de xogo. O tanto espoleou as vermellas, que se viñeron arriba e comezaron a inquedar a meta rival con maior perigo, gozando de boas ocasións para devolver as tablas o marcador. Lograba Jani o tanto do empate antes do descanso, facendo xustiza no luminoso sobre o visto no terreo de xogo.

A segunda parte comezou cunha mala nova, Jani caía lesionada e o partido tivo que pararse ata que unha ambulancia retirou a xogadora ourensá, que finalmente padece un esguince de nocello e todo quedou nun susto. Trala reanudación, o Valladares comezou a achuchar en busca da meta de Noe. As vermellas buscaban tamén a súa, pero o ritmo ia decaendo co paso dos minutos e non había chegadas perigosas.

Un saqeu de esquina moi discutido acabou por declinar a balanza. Laudith remataba a xogada de estratexia o fondo das mallas e dáballe os 3 puntos a un Valladares que non mereceu tanto premio. Con esta derrota, as vermellas prosiguen na zona media, pero deixan escapar o seus antecesores.

La entrada UD Ourense 1-2 CCAR Valladares: As rapazas rozan a heroica aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-2 CCAR Valladares: As rapazas rozan a heroica

Mas noticias relacionadas