UD Ourense 2-3 Maside FC: Toca remontada en Outeiro Grande

Publicado por: U.D. Ourense

Foto vía Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

A UD Ourense cae contra o Maside no primeiro envite das semifinais copeiras desputado en O Couto. Os vermellos, que aproveitaron o encontro para facer unha rotación total, non foron quen de igualar ante un rival moi ben despregado sobre o terreo de xogo.

Tarde copeira en O Couto, que non se saldou da millor das formas para un Ourense, que non quere tirar a competición do K.O, e o que lle tocará remar en Outeiro Grande para darlle a volta a eliminatoria. Currás aproveitou o encontro e a inmediatez do encontro fronte o Sanxenxo, para dar minutos a xogadores menos habituais e darlle a oportunidade, novamente, os xogadores do conxunto xuvenil. O técnico apostou por un XI formado por Botana; Oli, Julio Martínez, Tito Currás, Pousa; Aitor, Omar, Presas; Carlos, Isma e Xoel. 5 xuveniles no XI titular e a experiencia de xogadores coma Oli e Tito Currás.

O encontro estivo marcado por dous erros propios, que propiciaron dous goles do Maside na segunda metade. Os ourensás controlaron o encontro no primeiro acto, ante un rival moi ben repregado, aínda que deixou varias ocasións os nosos e un tanto no noso haber. Os masidaos aproveitaron o máximo as ocasións das que dispuxeron para levar un triunfo que lles da vantaxe de cara a volta na súa casa.

O encontro comezou con dominio vermello, ante un rival que esperaba para saír a contra e que tivo que empregarse a fondo nos primeiros minutos para conter as acometidas do tridente xuvenil ofensivo. Xoel, Isma e Carlos mostráronse moi activos nos primeiros compases, xerando varias ocasións de perigo. Xoel dispuxo de dúas, pero atopouse con Gorka e Omar tamén gozou dunha boa oportunidade que se marchaba fora.

Os primeiros minutos eran un monólogo ourensán, aínda que non houbo moitas máis ocasións salientables, ata que Omar se sacou da chistera unha xogada na que marchou de dous rivais e sacouse un potente disparo que se colou pola escadra da meta do Maside. Adiantábanse os vermellos no marcador e todo parecía indicar que as cousas se puñan de cara, pero a realidade sería outra.

Cando se encaraba o descanso, o Maside rascou unha xogada de estratexia da que sacaría froito. Obenza provocaba a falta de Pousa o borde da área. Canexón encargábase de esecutar o libre directo, que se colaba na meta de Botana. Os masidaos empataban e con táboas marchabamos o descanso.

Na segunda metade, o encontro seguiou o guión da primeira metade ata o minuto 55, cando Naym anotaba o 1-2, aproveitando un erro da zaga ourensanista na saída do coiro. O tanto provocou que Currás dese entrada a Durán e Fran Martínez, en detrimento de Pousa e Julio Martínez. pero 5 minutos despois, froito dun novo erro dos vermellos, chegaba o terceiro para os visitantes, obra de Obenza.

Tralo tanto, Currás daba entrada a Manu Blanco en detrimento de Presas, o que lle daba descanso pensando no encontro fronte o Sanxenxo. Isma reducía diferenzas no minuto 67, cun remate de cabeza a pase de Carlos. A última incorporación do Ourense anotaba o seu primeiro tanto ca elástica vermella.

De ahí o final, os nosos tentárno por activa e pasiva. Manu tivo o empate un minuto despois do gol de Isma, pero o seu remate repelíao Gorka. Oli dispuxo doutra boa ocasión nunha incorporación ofensiva, pero o seu remate marchaba fora. Xoel e Carlos dispuxeron dunha dobre ocasión que desbaratou o rival e Manu Blanco dispuxo da última, pero o remate marchou fóra.

O final, derrota por 2-3 do Ourense, que deberá acudir a Maside a darlle a volta a eliminatoria.

La entrada UD Ourense 2-3 Maside FC: Toca remontada en Outeiro Grande se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 2-3 Maside FC: Toca remontada en Outeiro Grande

Mas noticias relacionadas