UD Ourense 4-1 Sanxenxo: Goleada e todo por decidir na última xornada

Publicado por: U.D. Ourense

Vitoria contundente da UD Ourense, que golea o Sanxenxo por 4-1. Os ourensás estiveron moitos minutos virtualmente ascendidos, pero o Atios acabou por remontar o seu encontro. Alfredo, por partida dobre, Joni e Germán foron os autores dos tantos vermellos. 

Penultima xornada de liga, a UD Ourense necesitaba gañar e que os seus perseguidores non o fixesen nos seus respectivos partidos. O equipo local sabía da importancia do partido e saíron en tromba. Joni no 4, puido facer o primeiro nunha chegada pola dereita que desvía con apuros o porteiro visitante a córner.

Alfredo de novo no 6´, probaría a Adrian pero iríase fóra. O primeiro da tarde sería un centro desde a banda dereita que fusila Alfredo dentro da área. Minutos despois o protagonista sería o 11 local con outro golazo que daba tranquilidade aos mais de 2 milleiros de afeccionados no Couto. O dominio era totalmente local e antes do descanso Joni e Alfredo terían outras oportunidades para facer o terceiro pero chegaríase co 2-0 ao termo do primeiro período.

Catro cambios faría Xullo Buylla ao comezo do segundo tempo para tentar dar a volta ao marcador, pero os que empezaron mandando serían os homes de Fernando Currás e Hugo no 61´ tivo unha clara ocasión. Pero o terceiro sería de German de cabeza no 63´. Con ese gol estábase xa máis pendente de Valladares, onde xogaba o Atios, xa que o Porriño xa gañaba con comodidade ao Mondariz.

Antes de ser substituído Joni, faría o cuarto da tarde nunha internada súa desde fóra cara a dentro e resolvendo con tranquilidade con disparo pegado ao pau. No 81´chegaría o gol visitante, que cadraba co gol de Atios que facía a remontada en Vigo. Luís no 87´ puido facer o quinto pero non se movería o marcador e tanto Atios como Porriño gañaban os seus partidos e haberá que esperar á última xornada para saber que dous equipos ascenden a terceira división.

O vindeiro domingo ás 18:00 horas, en Atios, último partido de liga co ascenso en xogo nun choque de titáns.

La entrada UD Ourense 4-1 Sanxenxo: Goleada e todo por decidir na última xornada se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 4-1 Sanxenxo: Goleada e todo por decidir na última xornada

Mas noticias relacionadas