UD Ourense-Campo Lameiro CD: Fútbol no Couto en sesión vermú

Publicado por: U.D. Ourense

Este domingo recibimos ó Campo Lameiro CD ás 12:00, no que será a primeira vez que, O Couto abra as súas portas para que o noso equipo xogue en sesión vermú, un horario que, a moitos lembraralle aqueles partidos onde o CD Ourense recibía, ao estar no mismo grupo, a escadras insulares, máis concretamente, a equipos das Illas Canarias.

Semana complicada para “Os Nosos”, por mor do último resultado en Marcón, facendo interminabeis unhos días onde o equipo puido vivir unha mestura de sentimentos, desde a desilusión dos primeiros intres, ata a maior representación de apoio visualizado o venres no adestramento en Miraflores e realizado baixo unha treboada que semellaba non ter fin.

Entrementres, presentamos a Adrián Presas, procedente do Ourense CF, que ven con todas as ganas de axudar ao equipo subir outro chanzo nesta escalada.

Fran Martínez e Adrián son baixas para o partido de mañá, namentres que Omar cumprirá sanción pola expulsión no derradeiro encontro. O resto de xogadores están a disposición do adestrador Fernando Currás, que ademáis recupera a Hugo García.

Ademáis, a petición dalgúns afeizoados, mañá cada socio/abonado poderá retirar unha entrada por 3 euros. O obxectivo é presentar unha bancada de Tribuna o máis chea posíbel para axudar ao equipo a acadar a vitoria.

O único precedente dun encontro contra o Campo Lameiro CD, data desta mesma tempada, no partido da primeira volta, sendo eles líderes, feito que demostra que o partido de mañá será moi compricado. Ademáis viaxan cunha numerosa afección que sempre os acompaña.

Mañá domingo, ás 12 no Couto,  vivirase a primeira das 12 finais, nas que agora si, non se pode fallar. Un horario atípico para unha semana atípica.

La entrada UD Ourense-Campo Lameiro CD: Fútbol no Couto en sesión vermú aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense-Campo Lameiro CD: Fútbol no Couto en sesión vermú

Mas noticias relacionadas