Viajes Interrias – UD Ourense: Moitas baixas nunha saída compricada

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita o Viajes Interrias ca intención de sumar puntos nunha sáida moi compricada. As locais marchan cuartas e serán un duro oso de roer. Tras tres partidos sen gañar, as nosas queren voltar a sumar 3 puntos, nun encontro no que non poderán contar con 7 xogadoras.

Saída compricada a que ten a UD Ourense no seu encontro da 1ª División de Fútbol Feminino de Galicia. As vermellas visitan a un dos rivais a batir, que marcha en cuarta posición e que compite polo subcampionato con Atlético Arousana e Deportivo “B”. Ademáis, o Viajes Interrias chega cunha racha de resultados positivos, nos que acadou 5 vitorias consecutivas, o que lles permitiu meterse na pelexa pola segunda praza.

As vermellas chegan a cita tras plantar cara o líder o Valladares, o que tiveron a merced durante moitas fases do encontro e ante o que xogaron un gran partido, que mereceu un premio en forma de puntos. As de Rubén García son un dos equipos que máis en apuros puxo esta tempada os clubes punteiros da categoría, algo que voltará a xogar o seu favor neste novo encontro ligueiro contra un dos equipos da parte alta.

O adestrador do Ourense non poderá contar para esta cita con Moni, Jani, Lucía, Silvia, Emma, Loh y Cris. 7 baixas moi importantes para un plantel chamado a estar en cotas máis altas, pero o que as lesións non lles permitu estar loitando na cabeza. Unha xornada máis, a enfermería está ateigada e dificulta a elección dun XI. Regresa a convocatoria Aldara, a parte positiva, tras superar a súa lesión.

A convocatoria estará conformada por as seguintes 14 xogadoras: Noe, María, Paci, Nerea, Silvia, Aída, Laura, Celia, Andrea, Dana, Zaira, Aldara, Feijoo y Noa.

La entrada Viajes Interrias – UD Ourense: Moitas baixas nunha saída compricada aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Viajes Interrias – UD Ourense: Moitas baixas nunha saída compricada

Mas noticias relacionadas