Ana Peleteiro fai historia acadando un bronce no campionato mundial

Publicado por: F.G. Atletismo

Terían que pasar 18 anos daquela medalla de bronce acadado por Andres Díaz nos 1.500 m. nos mundiais de Maebashi,  para que o atletismo galego reeditara, e mesmo mellorara, o logro máis importante da súa historia a nivel internacional en pista cuberta.

Dende a sua aparición polas pistas por vez primeira, a calidade natural de Ana Peleteiro non pasaou desapercibida para ningún. O excelente traballo levado a cabo nos primeiros intres da súa formación (quizáis o máis importante)  por ese importante núcleo atlético existente no Barbanza, o traballo, o sacrificio e as apostas sempre arriscadas e difíciles pero positivas, obraron para que aquela nena de cualidades naturais excepcioais, acabara converténdose pouco a pouco en todo una realidade.

Xa no ano 2010 daría comezo o seu importante palmarés de trunfos nacionais co título de Campioa de España de triple Sub-16 en pista cuberta, o que lle seguiría un ano máis tarde o seu debut internacional ca participación no Campionato do Mundo Sub-18 en Francia. Dende ese instante, a súa evolución ven de ser meteórica, sumando un importantísimo curriculum do que o máis importante serían as medallas de bronce do Campionato do Mundo Xuvenil no 2011 e do Campionato de Europa Junior no 2013; a medalla de Ouro no Campionato do Mundo Xuvenil de Barcelona no 2012 e a de prata do Europea Sub-23 no 2017 así como o posto de finalista no Campionato do Mundo de Londres do ano pasado, malia que sería nos Campionatos do Mundo de pista cuberta que se están a desenvolver na localidade británica de Birmingham onde se marcaría o punto de inflexión. O seu salto de 14.40 m. non só representa unha histórica medalla de bronce, nin tan sequer ter acadado unha mellora de nada menos que 18 centímetros a súa marca personal, representa todo un golpe de autoridade e unha tarxeta de presentación para anunciar que Ana Peleteiro chega coa madurez e calidade suficientes para facer realidade aquelas metas que tan só uns poucos anos eran auténticos soños.

 

O artigo Ana Peleteiro fai historia acadando un bronce no campionato mundial publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ana Peleteiro fai historia acadando un bronce no campionato mundial

Mas noticias relacionadas