UD Ourense – CD Pontellas: Volta o fútbol O Couto tralo parón obrigado da pasada fin de semana

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense regresa a competición e faino no estadio de O Couto, onde recibe o Pontellas a partir das 17:00 horas. Os vermellos, obrigados a non xogar por mor dun temporal, que o domingo xa era historia, buscan 3 puntos que os reenganchen de novo a zona alta, despois de contar cunha xornada menos que os rivais. Fran Martínez, prosegue ca súa recuperación e non será da partida.

Despois da tormenta sempre chega a calma, pero o certo é que o final non houbo tormenta e tampouco haberá clama, posto que o Ourense xógase moito neste tramo de Liga antes de finalizar a Semana Santa. 2 xornadas ligueiras ante Pontellas e Ribeiro, a que pode sumarse o encontro aprazado fronte O Grove e o partido copeiro diante do Monterrei. Unha oportunidade de ouro para recurtar diferenzas os rivais e deixar encarrilada a clasificación copeira antes do trascendental choque ante o Bande.

Antes de por o carro por diante das vacas, centrámonos na filosofía de partido a partido, é o que toca pensar, e no que pensan dende o seno e vestiario vermello, onde nadie mira máis aló do partido deste domingo. Cita importante para seguir sumando na casa, certificar o cambio de dinámica e acadar un bo resultado que siga cargando as pilas tralo parón deportivo en competición, aínda que non nos adestramentos.

Fernando Currás afronta a cita con prácticamente todos os seus efectivos dispoñibles, agás Fran Martínez, que prosegue recuperándose da súa lesión, e aínda que xa adestra co grupo, prefiren non forzar a situación e que se sigan cumprindo os prazos. Nas próximas semanas podería ser a gran novidade. O técnico de Esgos, que conta co resto dos seus homes, apostará por un XI ofensivo, no que podería haber algunha novidade, como xa sucedeu o día do Campo Lameiro.

A priori, o XI podería estar formado por Pato baixo paus, cunha liña defensiva conformada por Josu, Corzo, Vieytes e Codeso. Luis, Germán e Durán serían os encargados da medular, deixando o ataque para Alfredo e Joni nas bandas e Hugo García na punta de ataque.

O rival será o Pontellas, que nos superou na primeira volta por 3-1 e que non porá nada fácil os nosos. Pese a elo, a plantilla vermella quere tomarse a revancha do primeiro encontro e superar a un equipo combativo, e que marcha en metade de táboa, con 12 puntos de vantaxe sobre o descenso directo e 7 sobre posibles arrastres. Un equipo, que por tanto, non selou a permanencia e que tratará de facelo sumando puntos en tódolos campos que poida. Coma visitantes rexistran un balance de 3 vitorias, 4 empates e 7 derrotas.

O ascenso pasa pola vitoria e para acadala precisamos o ourensanismo. O domingo todos a O Couto a apoiar o noso Ourense. O ascenso é posibel.

#Rendersenonéunhaopción

La entrada UD Ourense – CD Pontellas: Volta o fútbol O Couto tralo parón obrigado da pasada fin de semana se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – CD Pontellas: Volta o fútbol O Couto tralo parón obrigado da pasada fin de semana

Mas noticias relacionadas