EMF Concello de Boiro – UD Ourense: A permanencia pasa por Boiro

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita o Boiro ca intención de sumar 3 puntos que as acheguen a permanencia. Rubén García viaxa con baixas importantes, pero ca confianza de rescatar un resultado positivo. O rival tan só foi quen de sumar 7 puntos no que vai de Liga.

Coa recta final da tempada en Primeira Femenina de Galicia encarando as súas últimas xornadas, chega o momento de alcanzar os obxetivos finais. Tras un inicio de tempada na que se obtaba o ascenso, as lesións e as malas rachas fixeron dano o equipo feminino da UD Ourense, que non puido estar entre as favoritas, pero marcha a metade de táboa. As de Rubén García, eso sí, todavía non selaron a permanencia, aínda que a falta de 7 xornadas, teñen un colchón de 9 puntos cos postos de abaixo.

As vermellas viaxan ata Boiro para enfrontarse a un rival que marcha en penúltima posición, con tan só 7 puntos sumados e o que o descenso virtual xa fai tempo que se conxumou. O deportivo aínda terá que esperar, pero as matemáticas todavía non din o contrario e sen dúbida pelexarán porque siga sendo así unha semana máis. Nos seus últimos 5 partidos, so foron quen de sumar un triunfo, antes de 4 derrotas consecutivas. Trátase do clube que máis goles encaixa da categoría, con 93 tantos en contra, sendo o cuarto que menos anota, conseguindo ver o fondo da red en tan só 25 ocasións.

A estadística xoga a favor das ourensás, que queren por fin a súa mala racha de resultados cun so punto sumado de 15 posibles. Rubén García recupera para este partido a Cris, que levaba varias xornadas sen entrar na convocatoria. A dianteira non está o 100%, pero non quixo perder esta cita e xogará cunha vendaxe funcional. O técnico non poderá contar coas Moni, Jani e Lucía. Súmase a última hora Aída, que tampouco viaxa por lesión.

Se o Ourense amosa o seu mellor nivel, como ocurriu nas últimas xornadas cos equipos de arriba, a vitoria parece un resultado case asegurado. Para elo, as nosas deberán evitar despistes defensivos e aproveitar as súas ante a zaga que máis encaixa da liga.

A convocatoria do técnico ourensán é a seguinte: Noe, María, Pacy, Lo, Andrea, Celia, Feijóo, Sofía, Dana, Nerea, Cris, Laura, Silvia, Zaira, Emma e Aldara.

La entrada EMF Concello de Boiro – UD Ourense: A permanencia pasa por Boiro se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: EMF Concello de Boiro – UD Ourense: A permanencia pasa por Boiro

Mas noticias relacionadas