UD Ourense – Mondariz CF: En busca dun novo triunfo

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense busca un novo triunfo en O Couto diante do Mondariz. Os ourensás tratarán de sumar un novo triunfo para seguir unha semana máis no alto da táboa. Tras sete triunfos en oito xornadas e oito encontros sen encaixar, os nosos buscarán prolongar o seu bo momento.

Quedan catro encontros e como ata agora, son calificados coma partidos finais, encontros no que se decide moito, a pesar de non enfrontarse a rivais directos, coma ocorre nesta xornada. Os vermellos reciben a un equipo calificado coma o “mataxigantes” da categoría. Non obstante, os mañá visitantes acadaron triunfos no seu campo diante dos de Currás por 2-1, Bande (2-1) e Porriño (2-1), ademáis de sumar puntos diante de Moaña (1-1), Estradense (1-1) e Atios (0-0). Coma visitantes, os de Mondariz caeron diante de Estradense (4-1) e Bande (1-0), ademáis de sumar un triunfo en Moaña (1-2) e un empate en Atios (1-1).

Os vermellos buscan prolongar o seu bo momento nun momento doce da tempada. Os de Currás acdumulan 7 encontros sumando o triunfo de 8 desputados e ademáis non encaixaron en ningún destes compromisos. Currás contará cas baixas xa confirmadas de Unai, lesionado no hombreiro, Adri, recén operado do menisco e Samuel, lesionado.

O técnico de Esgos, tras dar descanso os titulares e recambios no encontro copeiro fronte o Monterrei, busca un novo triunfo que achegue o ascenso de categoría e aproveitarse dos enfrontamentos directos entre rivais. Pato será 0 cancerbeiro titular, cunha zaga formada por Josu, Corzo, Vieytes e Codeso. O dobre pivote será para Germán e Luis e  a gran duda chega na mediapunta onde Durán e Presas compiten por un posto. A labor ofensiva será tarea de Alfredo, Joni e Hugo.

Os vermellos buscan seguir unha semana máis no alto da táboa, nun encontro na casa, no que solo vale o triunfo para seguir consumando o bo momento e opositar o cambio de categoría. Enrique Veras e Diego Couso con 12 e 8 goles respectivamente, serán dous homes a ter en conta.

 

La entrada UD Ourense – Mondariz CF: En busca dun novo triunfo se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – Mondariz CF: En busca dun novo triunfo

Mas noticias relacionadas