UD Ourense – SD O Val: A sétima praza en xogo

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense recibe o clista, a SD O Val, en os Remedios, mañá domingo a partir das 16:00 horas. As vermellas buscarán o triunfo nun encontro que servirá de homenaxe a capitana, Mónica, que desputará o seus últimos minutos ca elástica vermella en Liga.

Penúltima xornada para un equipo feminino que non puido alcanzar os seus obxetivos deportivos, pero que ven de competir de túa  a tú a tódolos rivais da táboa, cun conxunto moi xoven e cheo de xente con ganas de facerse un oco no mundo do fútbol e de seguir crecendo no balompé ourensá, tan falto de conxuntos feminininos na modalidade de fútbol 11.

As ourensás reciben o colista O Val, inmersas na loita por acar a sétima praza, en manos do Victoria CF “B” trala vitoria da pasada semana das coruñesas diante das ourensás. As vermellas buscarán un triunfo que as achegué a esa praza, despois de que ata 4 equipos se metan na pelexa. Ademáis de coruñesas e ourensás, o victoria FC “B” e a Milagrosa compiten todavía por acadar esa praza.

O Val chega a Os Remedios co descenso consumado e con 2 puntos acumulados en 28 partidos. As rivais deste próximo domingo todavía non saben o que é gañar e tan só concederon 2 empates, por 26 derrotas. Trátase dun equipo que suma 13 goles a favor e 124 en contra, sendo un dos menos realizadores e dos que máis encaixan.

Rubén García contará para este encontro con todas as xogadoras dispoñibles agás Jani e Sofía, lesionadas de larga duración. Volta Moni, que disporá dos seus últimos minutos en competición ligueira. Regresa tamén Paci, que se perdou o último encontro. Non será da partida Dana, tras non recibir a alta médica.

Encontro vital para as nosas pupilas e no que afección debería acudir para dar a súa merecida homenaxe a Moni, unha das capitás e que se despirá das competicións ligueiras.

La entrada UD Ourense – SD O Val: A sétima praza en xogo se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – SD O Val: A sétima praza en xogo

Mas noticias relacionadas