USD O Grove – UD Ourense: A pola cuarta vitoria consecutiva para asentarse en postos de ascenso

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense xoga en O Grove (venres, 17:30 horas) coa intención de sumar o seu cuarto triunfo consecutivo e prolongar o pleno de vitorias no mes de marzo. Os ourensás disputan este partido aplazado, no que 3 puntos devolveríanos novamente os postos de acceso directo. Partido crucial antes de recibir o Bande.

Suspendido no seu día por mor da borrasca Felix, chega o momento de saldar contas en Monte da Vila. Os vermellos chegan a O Grove ca moral recargada tras 3 triunfos consecutivos fronte a Campo Lameiro, Pontellas e Ribeiro, que levaron os de Currás a recurtar as diferenzas de fai un mes cos postos de ascenso. Actualmente e con este encontro sen desputar, os nosos están a 2 puntos do segundo clasificado o Moaña, en caso de triunfo, situaríanse nesa praza a 4 do líder o Estradense.

Non será un partido doado para o Ourense diante dun rival que se xoga a última bala para voltar a reengancharse tímidamente a pelexa polo ascenso, agora xa a 10 puntos. Os locais chegan con 3 baixas importantes que lastrarán o equipo e que farán que o técnico, Noel Blanco, teña que recompor as súas filas unha semana máis.

Coma locais, o Grove sumou 9 triunfos, por 2 empates e 4 derrotas. Bande, Marcón Atlético, Atios e Porriño dobregaron o equipo coma local, namentras que Estradense e Moaña acadaron un empate. Números negativos contra os equipos darriba, os que coma locais so foron quen de derrotar o Sanxenxo.

Currás afronta esta cita ca enfermería xa valeira. A pasada fin de semana, Fran Martínez dispuxo dos seus primeiros minutos tralo parón por lesión nos últimos meses. Vieytes tamén regresará tras perderse a última cita por molestias, namentras que Oli volta o equipo tras cumprir sanción por acumulación de tarxetas.Boas novas para un equipo que tras recuperar efectivos está marcando un cambio de dinámica que os voltou levar o meollo da pelexa polo ascenso.

Pendentews haberá que estar da meteoroloxía, xa que a chegada dunha borrasca despertou as alertas, aínda que se agarda que desta vez, non afecte a suspensión do choque, pero non se descarta nada visto o visto na anterior ocasión.

Partido a partido, o Ourense foi quen de meterse novamente na loita e ten unha oportunidade de ouro de ser segundo na táboa e afrontar as últimas xornadas dependendo de sí mismos, achegándose incluso a pelexa polo título. Cita clave na que se prevee un gran desplazamento do ourensanismo, que nunca falla e que voltará a acudir a chamada para dar folgos os nosos. Lembrade:

#Rendersenonéunhaopción

La entrada USD O Grove – UD Ourense: A pola cuarta vitoria consecutiva para asentarse en postos de ascenso se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: USD O Grove – UD Ourense: A pola cuarta vitoria consecutiva para asentarse en postos de ascenso

Mas noticias relacionadas