Victoria CF “B” 3-0 UD Ourense: Cando a fortuna non acompaña

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense cae en terras coruñesas nun partido no que non mereceu un resultado tan abultado en contra. As nosas fixeron unha gran primeira metade, pero recibiron un tanto psicolóxico antes do descanso. Nos últimos 15 minutos, as coruñesas farían dous novos tantos que lles permitían sentenciar o encontro. 

A fortuna non acompaña ao Ourense feminino nesta tempada. As vermellas sufriron un calvario de lesións que levou a varias das referentes do equipo a perderse o que restaba de tempada, a elo sumouse as baixas de numerosas xogadoras en partidos clave, así coma os resultados adversos en partidos dominados pola fortuna do rival, ademáis de algunha que outra decisión arbitral. Pese a todo, as nosas levan loitando toda a tempada contra vento e marea, deixándose todo sobre o céspede e defendendo o noso escudo.

Este espíritu estivo presente sobre o Leyma de A Coruña. As nosas defendían posición ante un Victoria CF “B”, que marchaba por detrás na táboa e que buscaban igualar a puntos as vermellas. Saíron moi intensas as pupilas dun Rubén García que tivo que recompor filas e situar a Cris e Nerea na medular, ante as numerosas baixas do equipo. Os primeiros compases foron de dominio visitante. As vermellas chegaban cada vez con algo máis de perigo a meta rival.

Emma dispuxo dunha clarísima oportunidade nun remate que se estrelou no pau. Laura tmaén gozou dunha boa oportunidade en xogada de estratexia, pero o coiro marchouse desviado. Tentarono as vermellas tamén en varios achegamentos máis, pero sen fortuna. O Victoria foise metendo máis no partido e antes do descanso acadaría o gol por mediación de Zaida, tras aproveitarse dun pequeno desbaraxuste defensivo para batir a Noe.

O tanto fixo dano, pero aínda así, as nosas seguiron pelexando na segunda metade e tentaron acadar a igualda, aunque con pouca fortuna. Rubén optou por mover o banquillo dando entrada a Feijoo, Noa e Aldara en detrimento de Zaira, Silvia e Emma, pero o gol non chegaría. Zeti no 75 e Ana no 84 anotaron os dous tantos que deixaban o partido visto para sentencia. As nosas reciben o domingo O Val e aloita pola sétima praza continúa.

La entrada Victoria CF “B” 3-0 UD Ourense: Cando a fortuna non acompaña se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Victoria CF “B” 3-0 UD Ourense: Cando a fortuna non acompaña

Mas noticias relacionadas