Viti reforza a zaga do Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

O central ourensán, Víctor Manuel Nieves “Viti”, reforza a zaga ourensanista de cara a nova tempada que comeza. O central chega procedente do Bande, clube co que disputou as últimas tempadas, destacando nas tarefas defensivas.

Terceira incorporación para un Ourense que prosigue traballando na confección do seu plantel de cara á nova tempada en Terceira División. Hoxe chegoulle o turno ao defensa central, Víctor Manuel Nieves López “Viti”, que chega procedente do Bande, tras acabar o seu compromiso co cadro branquivioleta. A súa chegada ben a reforzar o eixe da zaga, onde xa se confirmou a continuidade de Diego Vieytes.

Viti regresa a O Couto, campo que coñece ben pois pasou pola base de Club Deportivo Ourense, despois de destacar no fútbol 7 no Sporting Celanova. Foi outro dos xogadores que alzou a Copa Deputación “B”, que conseguiu o Ourense “B” no seu derradeiro ano de vida, tempada na que tamén fixo o seu debut na Preferente. Trala desaparición de Club Deportivo Ourense puxo rumbo a Verín, co que conseguiu o ascenso a Terceira División na súa primeira tempada, disputando posteriormente cos do Val de Monterrei a tempada na máxima categoría do fútbol galego.

As últimas dúas tempadas ficou no Bande, onde acadou o título ligueiro da Primeira Autonómica e o ascenso a Preferente, onde se consolidou coma un dos centrais máis expeditivos da categoría. Trátase dun central rápido, que vai ben por arriba, con bo manexo de pés e bo olfato goleador en xogadas de estratexia. Viti chega a O Couto ca experiencia acadada na Terceira na súa etapa no Verín, co que disputou 24 encontros ligueiros, consolidándose entre os mellores centrais da provincia.

¡Benvido a túa casa! ¡Benvido o Ourense!

La entrada Viti reforza a zaga do Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Viti reforza a zaga do Ourense

Mas noticias relacionadas