A UFEDEGA E A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FACILITAN A TODAS AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS UNHA APLICACIÓN DIXITAL PARA XESTIONAR OS CONTROIS DE AFORO E ACCESOS ÓS RECINTOS DEPORTIVOS.

Publicado por: UFEDEGA

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) e a Secretaría Xeral para o Deporte queren dar un paso máis na loita contra o COVID-19, para elo, poñen a disposición de todas as Federacións Deportivas Galegas unha aplicación dixital para o control de aforo e accesos en recintos deportivos.

Esta acción enmárcase no programa de deporte seguro promovido dende a Secretaría Xeral para o Deporte con motivo da situación actual de pandemia, e que foi posto en marcha co pioneiro protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, presentado o pasado 15 de xuño. No contexto actual, dende a UFEDEGA e a Secretaría Xeral para o Deporte traballan de forma conxunta polo “deporte federado, deporte seguro”, co citado protocolo como base de traballo neste difícil contexto no que nos atopamos.

O Secretario Xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete e o Presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán recibiron unha demostración da funcionalidade desta aplicación, da man de Diego López, CEO da empresa galega Cluber.

Este sistema dixital que xa o están empregando varias federacións deportivas e clubs da nosa comunidade, permitirá simplificar o control sobre os límites de aforo fixados no DOGA. A aplicación dixital pon na man das federacións un sistema de xestión integral dos accesos e capacidades dos recintos deportivos. Esta ferramenta permite que todo o proceso, dende a compra das entradas, como a vinculación do carné de socio a un código QR ou formulario de inscrición, ata o control de acceso no recinto, poida realizarse sen contacto físico, minimizando os riscos.

Ademais, o sistema incorpora un importante apartado para o control en tempo real da asistencia en calquera tipo de recinto, e posibilita, como gran novidade, a supervisión despois do evento, xa que permite acceder a información recompilada a Administración, coa posibilidade de obter informes automáticos cos datos dos asistentes se fosen necesarios para realizar un posible rastrexo.

Os dous organismos consideran prioritario que a actividade deportiva se desenvolva desde o respecto, a seguridade,  e cumprindo os protocolos deportivos. Tamén agradecen aos titulares das instalacións deportivas a súa colaboración para que os adestramentos e competicións se poidan desenvolver con normalidade, sempre cumprindo cos protocolos aprobados.

La entrada A UFEDEGA E A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FACILITAN A TODAS AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS UNHA APLICACIÓN DIXITAL PARA XESTIONAR OS CONTROIS DE AFORO E ACCESOS ÓS RECINTOS DEPORTIVOS. se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: A UFEDEGA E A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FACILITAN A TODAS AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS UNHA APLICACIÓN DIXITAL PARA XESTIONAR OS CONTROIS DE AFORO E ACCESOS ÓS RECINTOS DEPORTIVOS.

Mas noticias relacionadas