Entra en vigor a Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe

Publicado por: UFEDEGA

O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se regula a composición e
funcionamento da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe tras o aval
do Consello Consultivo.
O título VIII da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, regula a actuación
autonómica en materia de prevención e loita contra a dopaxe no deporte e a Comisión
Galega de Prevención e Represión da Dopaxe, configurándoa como un órgano
administrativo, adscrito ao órgano autonómico competente na materia deportiva, ao cal
se lle atribúen as competencias en materia de defensa da saúde do deportista e de
prevención e control da dopaxe no ámbito da Comunidade Autónoma.

COMISIÓN GALEGA DE PREVENCIÓN E REPRESIÓN DA DOPAXE

La entrada Entra en vigor a Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: Entra en vigor a Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe

Mas noticias relacionadas