IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote

O Club Náutico San Telmo, vén de aprazar até o martes 1 de maio, o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos, na modalidade spinning a flote, que se ía celebrar este domingo no río Miño, entre Goián e Salvaterra do Miño. O aprazamento débese ás previsións de choiva para a fin de semana, e ao elevado caudal do río nestes momentos.

A organización agarda reunir a máis de 60 deportistas de Galicia e Portugal, que dende as 9.00 ata as 18.00 horas españolas, navegarán polo río Miño en busca das mellores pezas, que serán pesadas no edificio do Náutico San Telmo ao remate da xornada, pechando o concurso coa entrega de trofeos as 18.30 horas.

As inscricións están abertas ata sábado 28 de abril, no edificio do Club Náutico San Telmo, no enderezo electrónico nautico@cnsantelmo.com, ou no teléfono 657 87 57 16.

Mas noticias relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *