Publicado por: F.G. Ciclismo
Catro citas clásicas do enduro autonómico compoñen o calendario da Copa Galicia 2018 desta modalidade. A primeira delas será o VigoBikeContest, que se celebrará o 11 de marzo. As inscricións para a competición organizada polo Singletrack Outdoor Sports péchanse unha semana antes, o domingo 4. Fai click neste enlace para anotarte.
O Endurrazo e o Enduro Monte Castelo Burela darán continuidade a esta Copa que se resolverá na penúltima fin de semana na Montefaro Enduro Race, unha proba que tamén será puntuable para o Open de España 2018.
CALENDARIO
11/03/2018 VIGOBIKECONTEST SINGLETRACK OUTDOOR SPORTS
15/04/2018 ENDURRAZO 2018 THC BIKE C.
06/05/2018 ENDURO MONTE CASTELO BURELA CEREZO BIKES C.
18-20/05/2018 MONTEFARO ENDURO RACE PULPEIROS MUGARDOS C.
Baixo a denominación de Open de Galicia, a temporada pasada os gañadores do circuíto autonómico de enduro foron Pedro Gonzalo nos juniors, Raúl Fernández nos sub23, Mauro González nos elites, Desiree Duarte nas mulleres, Tony Pérez nos masters-30, José Manuel López Vaqueiro nos masters-40 e José Carlos Táboas nos masters-50/60.
Enlace con la noticia original: A Copa Galicia Enduro desvela o seu calendario