Mariño inaugurou o seu palmarés como máster na Copa Galicia de A Estrada

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Segunda xornada puntuable para a Copa Galicia de Estrada Máster e segundo triunfo absoluto para a formación do Norinver Cycling Team. José Luis Mariño ergueu os brazos o pasado domingo na liña de meta do VII Trofeo Concello de A Estrada. Deste xeito, o ciclista padronés sumou a súa primeira vitoria na categoría máster. 

O Cidade de Santiago, clube organizador desta carreira, non variou o percorrido de 81 quilómetros do ano anterior. Se a primeira metade resultou favorable e asequible, o treito final marcou as diferenzas pola súa esixencia. 

O máster-30 Mariño, que ata a pasada temporada competiu na categoría elite, rodou a unha media lixeiramente superior aos 40 quilómetros por hora e impúxose con nove segundos de vantaxe sobre Roberto Andrade (Chantadino), gañador máster-40, e con  14" respecto ao tamén máster-40 Carlos Prado (De La Fuente). A continuación, a 40", rematou un grupo de nove unidades co vencedor Máster-50/60 Juan Manuel Toribio (Debra), e cos líderes máster-40 Rubén Fernández (Norinver) e máster-30 Javier Freire (O Pino).

Nos rankings da Copa Galicia so varía o primeiro clasificado nos masters-50/60, pertencendo agora o maillot do certame autonómico a Alfonso Fernández (Orensano). A vindeira cita chegará o 2 de xuño co IV Trofeo Patrocinador en Boiro. 

Foto: Cidade de Santiago, C.C. 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Mariño inaugurou o seu palmarés como máster na Copa Galicia de A Estrada

Mas noticias relacionadas