Publicado por: F.G. Ciclismo
A Copa Galicia de Descenso (DHi) xa ten calendario definitivo e neste 2018 visitará as catro provincias da nosa comunidade. Os gañadores no 2018 do antigo Open de Galicia decidiranse nun póquer de citas que arrancará o vindeiro domingo, día 4 de marzo. O IX Descenso Cidade de Santiago, organizado polo Compostelano CC, dará o bandeirazo inicial a este certame.
04/03/2018 IX DESCENSO CIDADE DE SANTIAGO COMPOSTELANO, C.C.
18/03/2018 V DH KAMIKAZES KAMIKAZES, C.D.
22/04/2018 IV DESCENSO DHG TEAM PARAMO DH GALICIA, C.
13/05/2018 GRAN PREMIO DH XUNQUEIRA DE ESPADANEDO MACEDA C.C.
Os últimos vencedores do circuíto autonómico de probas de DHi foron Marco Martínez nos cadetes, Alejandro Paz nos juniors, César Sánchez nos sub23, Marco Veiga nos elites, Bárbara Iglesias nas mulleres, Diego Félix Álvarez nos masters-30 e José Manuel Verdía nos masters-40.
Enlace con la noticia original: A Copa Galicia DHi terá unha xornada puntuable en cada provincia