Publicado por: U.D. Ourense
Aproveitando a presentación de Adrián Presas coma novo xogador do clube, o presidente da UD Ourense anunciou unha das novidades para o partido do domingo as 12:00 horas fronte o Campo Lameiro. O clube porá a disposición de tódolos socios e aboados que así o desexen, dunha entrada por carnet o prezo de 3 euros para animar a afección a traerse a familiares e amigos e celebrar unha día de confraternización futbolística na grada de tribuna do estadio de O Couto.
Dende o clube agardamos a presenza da nosa masa social, que acudirá coma sempre a chamada para animar e dar alento os nosos nun partido vital para sumar 3 puntos e comezar unha boa racha de resultados. O presidente quixo destacar que, “a hora foi elexida polo partido da tarde Atlético – Barcelona, que podía deixar a algúns afeccionados sen vir o partido. Tamén queremos pedirlle un esforozo os fieis que nunca fallan, de xogar pola mañá. Necesitamos o maios número de apoios para un partido moi importante e no que pode que debute Adrián”.
Modesto tamén destacou que se trata dunha iniciativa novedosa e enfocada o horario. “Non nos gusta regalar entradas, pero tivemos a idea de que ofrecer este pack os socios era unha boa iniciativa para fomentar a presencia nun partido que se xogará as 12. Estamos seguro de que a grada de tribuna voltará a lucir as súas mellores galas e que entre todos conseguiremos o obxetivo”.
O presidente tamén tivo boas palabras para a iniciativa dos afeccionados de acudir no día de hoxe, venres o adestramento a Miraflores. “Dende o clube queremos agradecer as mostras de agarimo dos afeccionados que se darán cita no adestramento do venres para apoiar o equipo. Hai que agaradecerlles que nestes días de choiva e tendo que desprazarse a Miraflores, vaian a estar ahí. Esto non fai máis que amosar a filosofía deste clube de fútbol popular que é de todos”, finalizou.
Así que xa sabes amigo, o domingo temos unha cita en O Couto porque
#Rendersenonéunhaopción
La entrada Unha entrada a 3 euros para cada socio fronte o Campo Lameiro aparece primero en Unión Deportiva Ourense.
Enlace con la noticia original: Unha entrada a 3 euros para cada socio fronte o Campo Lameiro