Adrián Presas, presentado coma novo xogador da UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

Nun acto celebrado no estadio de O Couto, a UD Ourense presentou en sociedade a Presas, nova fichaxe do clube. O xogador deixou coma titular que non é un héroe, pero que ven para facer algo grande no Ourense.

Presas xa luce ca elástica vermella da UD Ourense. O xogador compareceu ante os medios de comunicación no estadio de O Couto e posou para os compañeiros gráficos coa camisola do seu novo clube. O mediapunta estivo arropado polo presidente, Modesto García e o adestrador, Fernando Currás.

O presidente comezou explicando que “trátase dun gran reforzó, que encaixa na filosofía do club. Moita xente demanda un dianteiro centro ou dianteiro que marque moitísimos goles e o mercado é o é que é e é moi difícil de atopar, pero nós como directiva debemos de mirar mais alá do día a día, do partido a partido, do domingo a domingo. Temos a obriga de dirixir o máis coherentemente posible o clube, pensando tamén a longo prazo, e por iso todo, estase decidindo con calma e con pausa e pensando no futuro do club, na súa estabilidade e na súa solidez. Presas é un xogador que cumple a filosofía do que se buscaba, un xogador de ataque, xoven e nado en Ourense, que ademáis é fillo de Ney, que foi un xogador moi importante en Clube Deportivo Ourense, camisola, que por certo, tamén defendeu Adrián en categorías base”.

Modesto tamén quixo darlle una agarimosa benvida a Adrián e recalcou que é un xogador que cumpre a filosofía do clube. “Doulle a benvida e stou seguro, que suporá un sopro de aire fresco.  Isto son dinámica es imos saír dela, a por todas, e vaise gañar o partido do domingo e a partir de aí, esperar que empece unha serie positiva, que nos leve a conseguir os obxectivos que nos expomos e que non temos que enmascarar, pero que iso non quita que a filosofía é a que é e priorizamos traer xogadores novos e ourensáns e que neles se vexan reflectidos os nenos da canteira.”, apuntou.

Modesto aproveitou para recalcar, que a destitución de Fernando Currás sería algo incoherente.  “Outros poden actuar botando adestradores a primeira ou facendo cousas totalmente incoherentes, pero non son un exemplo para nós. Aínda que teñamos pouca experiencia, o que temos é moito agarimo cara ao club, o que fai que manteñamos esa filosofía, mais alá de resultados esporádicos e de certos momentos de series negativas e iso fai que confiemos desde un principio do que ten que ser este club e en Fernando Currás”.

Fernando Currás tamén quixo dar a benvida a Adrián, sinalando que encaixa a perfección no perfil que se buscaba. “É un xogador que encaixa no perfil que buscamos e aínda que non haxa moitas novidades, a xente ten que entender que nós seguimos traballando para melloralo que temos, pero o que temos claro é que non imos hipotecar a saúde do club a calquera prezo, nin fichar por fichar. Xurdiu a opción de Adrián, que non é nova e cremos que pode mellorar o que temos no ultimo cuarto de campo. Unha das cousas que mais nos convenceu á hora de fíchalo, son as súas ganas de estar, a súa ansia de ser futbolista, e iso valorámolo moito.Xogador ourensán con moito talento, con ganas de triunfar e que achega aire fresco. Non creo que veña coa bitola de héroe. Heroes e super heroes na ficción, él vén a axudar, a sentirse o mais cómodo posible, que é labor noso. É aire fresco para axudarnos a afrontar este último tramo de tempada”.

O xogador comezou agradecendo a oportunidade que a UD Ourense lle está dando e tamén se lembrou do seu anterior clube, o Ourense CF, para o que tivo boas palabras. “custoume bastante deixar o club no que estaba, o Ourense CF, porque me trataron desde o primeiro día moi ben e sobre todo dar as grazas ao presidente Camilo”. Tamén se dirixiu a Fernando Currás dicindo que, “grazas a Fer pola oportunidade que me está dando, e se me dá a oportunidade podemos darlle a volta a isto”.

Presas tamén sinalou que se trata dunha decisión deportiva. “Foi unha decisión só deportiva. Ultimamente non estaba a contar con minutos no meu club, e o primeiro ano en senior vindo da base hai un mundo é difícil adapatarse da base ao fútbol de verdade e ao principio logrei adaptarme e dispuxen de minutos. É certo que agora non estaba a contar con eles, e un profesional o que quere é estar no campo e ultimamente non tiña esa oportunidade e xurdiume a oportunidade e estou moi ben e encantado de vir aquí”.

Tamén quixo recalcar as palabras de Currás. “Non son un héroe, veño a sumar e a facer algo grande con este clube”.

“Todo futbolista quere pasarlo ben competindo porque o podes pasar ben, pero se ao final non consegues o que te propós, non é fútbol para min, pero pódense conseguir os obxectivos pasándoo ben”, sinalou Adrián quen tamén apuntou que “o partido fronte o Campo Lameiro é un pouco urxente pola táboa de clasificación, pero creo que se pode gañar e divertir a todo o público que veña ao Couto”.

Sobre a súa posición comenta que se sente cómodo tanto de mediapunta coma de extremo. “Este ano xoguei mais pegado á banda, pero todo o mundo ten predilección por unha posición e eu síntome máis cómodo detrás da punta, aí polo medio divírtome mais xogando e síntome mais realizado. Decántome por media punta, pero xogarei onde Fer e o corpo técnico decidan”.

Adrián Presas concluiu cun momento nostálxico no que se acordou do seu paso pola base de CD Ourense e mandoulle ánimos a José Manuel Pico, membro da canteira do clube, o que dende o departamento de comunicación do clube nos sumamos. “Foron os meus mellores anos, con Pico, que dende aquí quería desexarlle unha pronta recuperación. Foron uns anos preciosos. A verdade que eu saía do fútbol sala dos Salesianos para chegar ao partido á segunda parte e facer esas dobres sesións xogando en Club Deportivo Ourense e de alí din o salto á canteira do Celta, polo que só teño boas palabras.

La entrada Adrián Presas, presentado coma novo xogador da UD Ourense aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Adrián Presas, presentado coma novo xogador da UD Ourense

Mas noticias relacionadas