Publicado por: F.G. Atletismo
A nosa seleccion galega de Atletismo parte hoxe a Ciudad Real, onde tomará parte no Campionato de España de Federacións co obxectivo un ano máis, de estar pelexando polos postos importantes do Campionato.
Para elo, os mellores están chamados e chamadas a competir neste encontro que representa un fantástico e atractivo termómetro onde medir o nivel que cada unha das federacións participantes.
Non é tarefa sinxela artellar un combinado integrada por máis de corenta atletas. Lesións de última hora, compromisos previos adquiridos, impedimentos laborais … fan que en moitos casos, as distintas convocatorias representen un auténtico quebradeiro de cabeza para o equipo técnico encargado da súa composición.
Gran atractivo
Representar á Galicia ou a calquer comunidade no máis importante encontro anual a nivel de Seleccións, constitúe para todos os atletas, un dos maiores atractivos e estímulos deportivos posibles na que os factores de identidade autonómicos, engaden un importante plus ao xa de por si emocioante aspecto deportivo. Todos e todas estarán sen ningunha dúbida, na pelexa ata o último centímetro e último metro por lograr a maior suma de puntos posibles na procura dun bo posto na clasificación xeral.
Mistura de experiencia e debut
Un dos aspectos enriquecedores desta selección, é a mestura de varias xeracións de atletas que aportan por unha banda futuro e por outra experiencia e coñecementos.
Entre os seleccionados, dazaseis acuden por vez primeira a participar ca Irmandiña convivindo a máis nova de todas, Iria Solera (2008) co máis veterano Sergio Roríguez (1990). Sabela Martínez (2008), Pepe Sánchez del Valle (2006) e Manuela Blanco (2006) como parte da nova xeración, compartirán espazo e aprenderán entre outros tanto de Carlos Revuelta (1991) como de Mauro Triana (1995) quenes ademáis de calidade, aportarán toda a súa gran experiencia.
Comprimiso 100%
Nesta convocatoria destácase a presenza de catro atletas que entran no top5 de participacións ca Selección (sen contabilizar o ano da COVID 2020) entre quenes destaca a capitana Belén Toimil. A lanzadora olímpica e plumarquista de España, fiel a súa cita e compromiso, estará presente no que serán os seus trece torneos de Seleccións. Xunto ela, o internacional Mauro Triana sumará o seu torneo número doce, Carlos Porto o sétimo, Dani Chamosa o sexto e mención especial para Sergio Rodríguez quen suma a súa quinta participación nada menos que quince anos despois da primeira convocatoria que se celebraba en Vigo e na que tomou parte nas remudas dos 4×100.
Una selección integradora e aberta
Son moitos os exemplos de atletas que chegados doutros países, contaron cunha cálida acollida nos nosos campionatos e na nosa Selección. Dende o século pasado non foron poucos os que aportaron con xenerosidade, a súa contribución á Selección Galega, chegando a ficar e a instalarse nalgúns casos aquí. Tal vez os exemplos máis coñecidos poidan ser os de Frank Casañas ou Yulenmis Aguilar, pero tamén no pasado houbo xente que marcou un periodo como a inglesa Anne Middle e máis recentemente as irmáns Joselyn e Edymar Brea, Edu N-kami, Yioser Toledo, Patrick Chinedu, Alice Finot, Gerson Vidal Izaguirre ou a tristemente finada Felicea Moldován.
Para este ano estarán con nós os xavelinistas José Orlando Escobar natural de Ecuador e Yiset Mágali Jimenez de Colombia, que sumarán esforzos xunto ao tamén lanzador de disco natural de Ecuador, Juan Jose Caicedo quen suma a súa segunda convocatoria logo da do ano 2022.
Hacia eles e hacia todos os que formades e formastes parte deste marabilloso conxunto, a nosa sempre gratitude.
O artigo Unha selección de valores, compromiso e integración publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Unha selección de valores, compromiso e integración