5 ATLETAS AO NACIONAL SUB18

Publicado por: Ourense Atletismo

Un total de 5 atletas clasificáronse ao Campionato de España sub18 que se celebrará o vindeiro fin de semana na localidade gaditana de Jerez de la Frontera.

As atletas que nos representarán serán África Gómez en 200 metros, Anxela Seoane nos 1500 metros, Leyla Villar nos 3000 metros, Manuela Blanco en salto con pértega e Blanca Pereira en lanzamento de martelo.

A opción de medalla témola da man de Blanca Pereira quen coa súa marca de 63.25 metros co martelo de 3kg. parte na segunda posición entre as inscritas. Outras atletas coma Leyla Villar ou África Gómez pelexarán polo posto de finalista.

Cabe destacar que somos, xunto coa Atlética Lucense, o equipo que máis atletas envía ao campionato na categoría feminina e o segundo que máis aporta conxuntamente, xa que o equipo lucense presenta tamén a dous rapaces.

Os resultados poderanse seguir en directo na web da Real Federación Española de Atletismo e será retransmitido a través de LaLigaSportsTV.

La entrada 5 ATLETAS AO NACIONAL SUB18 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: 5 ATLETAS AO NACIONAL SUB18

Mas noticias relacionadas