5 medallas dos combineiros, os cadetes seguen medrando

Publicado por: Celta Atletismo

O último fin de semana de xaneiro estivo marcado polos Campionatos Galegos de dúas disciplinas tan distintas como o cross e as combinadas, dando deste xeito un respiro á pista cuberta antes do carrusel que vai vivir en febreiro e marzo.

  • Lugo acollía durante o sábado e o domingo o Campionato Galego de Probas Combinadas no que o gran protagonista sería Adolfo Sainz-Maza. O lucense proclamábase campión galego absoluto con 4.744pts e despois de superar a barreira dos 2m na altura; acompañándolle no podium Miguel Cajaraville (prata, 4.043pts). Nas mulleres Andrea Nóvoa destacaba cun novo dobrete grazas ó seu título sub23 e o bronce absoluto (2.764pts), completando o medalleiro celeste Lara Fernández na categoría sub18 cun novo bronce (2.403pts). Destacaría tamén Karolina Puchmertlova que, pese a non optar á medalla pola súa condición de estranxeira rematou en segunda posición na categoría absoluta con 2.798pts. Todas as marcas das rapazas supoñen marca persoal, o que demostra o gran comezo do noso grupo de combineiros que o pasado decembro facía un doblete por clubes.

    Miguel e Adolfo coparon o podio galego absoluto en Lugo despois dun heptathlon de gran nivel

  • A Rúa sería o escenario do Campionato Galego de Cross Curto onde os nosos cadetes demostraron que seguen medrando a pasos axigantados. O equipo masculino acadaba o bronce na categoría sub16 capitaneados por un Hugo Suárez que repetiría metal a nivel individual. Tremendo tamén o comezo de temporada dun dos grupos máis prometedores dentro da nosa Escola.

    Os cadetes célticos co seu Míster Manu Ageitos, hai canteira!

  • De novo na capital lucense, celebrábase a II Xornada da Copa Deputación en AL onde os lanzadores Irene Gómez (martelo 3kg, sub18) e Eric Méndez (martelo 4kg, sub16) reafirmaban o seu liderazgo á fronte do ránking nacional con 56’20 e 54’49 respectivamente.

    Irene Gómez na primera proba da tempada en Vila Nova da Cerveira

 

 

Parabéns a todos polas marcas!


Enlace con la noticia original: 5 medallas dos combineiros, os cadetes seguen medrando

Mas noticias relacionadas