A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo está presente na feira de Sportur Galicia. Este Salón do Deporte e Turismo Activo, está orientado e destinado a todo o público deportista en calquera das súas modalidades e que vai dende os afeccionados, principiantes, maiores, nenos etc. Os visitantes que se acheguen encontrarán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.

O evento que se inauguraría no día de hoxe no recinto Feiral de Expourense, estará aberto ata o sábado día 17.

Todos aqueles que visiten o noso stand ou que estén a seguir as nosas Redes Sociais (Twiter e Facebook) entrarán no sorteo dun chandal de competición da Federación Galega.

Web Sportur Galicia

O artigo A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur

Mas noticias relacionadas