A selección galega de marcha á procura do nacional

Publicado por: F.G. Atletismo

A proposta do Responsable do sector Carlos Morales e do Director Técnico da Federación Galega de Atletismo Carlos Castro, acábase de facer pública a relación de integrantes que tomarán parte ca Selección Galega no Campionato de España Sub 20 e Sub 16 de marcha por Federacións a celebrar o vindeiro 16 de febreiro en Torrevieja.

A esta importante cita da especialidade, acuden un total de 20 marchadores/as que terán como obxectivo estar preto dos postos importantes da competición.

Na relación de seleccionadas/os destaca a presenza do recente campión galego de inverno Roberto Vieiro do C.A. Santiago na categoría Sub20, quen loitará por mellorar a quinta posición do ano pasado no Vendrell. El será o encargado de liderar un equipo que intentará novamente estar en postos de podio como xa fixera no 2019. Hugo Martínez do Lucus C.R,G. e finalista no ano pasado, tamén estará na línea de saida.

Por parte feminina será Iria Rivas do Ria Ferrol-CCA (7ª o ano 2019) quen asuma os galóns do equipo co fin de procurar a mellora do sétimo lugar do ano pasado.

No que atinxe a categoría Sub16 a baixa de Brais Manso do Ourense Atletismo merma as aspiracións no colectivo da selección que malia elo ten opcións de estar en postos destacados. Especial atención ós lucenses da Escola Atlética Pablo Sánchez e Elías Klein que xa saben o que é estar nun podio nacional.

Nas mulleres, Aldara Meilán da Escola Atlética estará ó fronte dun combinado moi reforzado con respecto ó ano pasado onde foron quintas, e do que pola súa calidade, agárdase un bo comportamento.

Para o responsable da selección Carlos Morales, “Este ano acudimos con catro equipos moi competitivos e compensados dos que si teño que destacar algo, ademáis da calidade deportiva, é a o formidable ambente e mentalidade de equipo e selección que posúen”

Xunto a Morales, viaxarán os membros do equipo técnico Francisco Javier Vázquez e Fito Fernández.

INTEGRANTES DA SELECCIÓN GALEGA

Sub16 Mulleres

  • Aldara Meilán García (Escola Atlética Lucense)
  • Natalia Rivas Iglesias (C.Atletismo Cuntis)
  • Marina Pajón Area (Ría Ferrol – C. Arenal)
  • María Martín Rodríguez (ADAS Proinor)
  • Salomé Segade Buide (C.Atletismo Millaraio)
  • Reserva: Carmen Fernández Acuña (Beade)

Sub16 Homes

  • Brais Suárez Tesouro (Rungalicia – Intersport)
  • Pablo Sánchez Rivas (Escola Atlética Lucense)
  • Elías Klein Otero (Escola Atlética Lucense)
  • Miguel Alvariño Liranzo (Escola Atlética Lucense)
  • Javier Malingre Sánchez (Ourense Atletismo)
  • Reservas: Brais Manso Delgado (Ourense Atletismo) e Carlos Bautista Bugarín (Atlet. Porriño)

Sub20 Mulleres

  • Iria Rivas Iglesias (Ría Ferrol – C. Arenal)
  • Sofía Campos Ares (C.Atletismo Santiago)
  • Alba Pérez Nieto (C. Atletismo Negreira)
  • Celia Carracedo Pérez (ADAS Proinor)
  • María Aboy Ruibal (C. Atletismo Cuntis)
  • Reserva: Rita Vázquez González (Ourense Atletismo)

Sub20 Homes

  • Roberto Vieiro Pérez (Club Atletismo Santiago)
  • Nicolás Iglesias Vilela (Club Atletismo Santiago)
  • Roi Surribas Porto (Sociedad Gimnástica de Pontevedra)
  • Ismael Díaz Sánchez (Club Atletismo Sada)
  • Hugo Martínez Casanova (Lucus Caixa Rural Galega)
  • Reserva: Manuel Labella Blanco (Club Atletismo Millaraio)

O artigo A selección galega de marcha á procura do nacional publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A selección galega de marcha á procura do nacional

Mas noticias relacionadas