As San Silvestres fan parada en Galicia

Publicado por: F.G. Atletismo

Ca chegada das datas do Nadal, son moitos os concellos que programan e ofertan unha ampla gama de actividades culturais, sociais e deportivas e que atopan no noso deporte, a mellor maneira posible de despedir o ano.

Como proba delo, é frecuente asistir nos últimos anos a un importante número de San Silvestre e probas de nadal que durante o día 31 – e mesmo en días previos- toman as rúas das vilas e concellos galegos na procura de despedir os 365 días dun xeito deportivo, pero tamén, festivo, lúdico e sobre de todo participativo. Como sempre a tónica dominante é a gran participación de milleiros de persoas que compiten, moitos deles disfrazados e disfrazadas, na procura dun remate do ano o máis atlético posible.

Os seus comezos

Foi no ano 1961 na localidade de Galdácano onde se disputara a primeira san Silvestre datada en España, malia que o evento non tería continuidade, téndose que agardar ata tres anos despois para que un galego, Antonio Sabugueiro, creara unha das primeiras precursoras e unha das máis importantes a nivel mundial – xunto a de São Paulo e a de Nueva York -, a San Silvestre Vallecana.

Desde entón, e xa na nosa comunidade, serían moitas as probas deste tipo que proliferarían co paso dos anos convertindose en todo un clásico para os amantes da ruta nestas datas. Para este ano, e a nivel oficial, contamos cun total de once probas:

O artigo As San Silvestres fan parada en Galicia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: As San Silvestres fan parada en Galicia

Mas noticias relacionadas