Campionato de Galicia de lanzamentos longos

Publicado por: F.G. Atletismo

De novo as instalacións do CGTD de Pontevedra serán sede da disputa do Campionato de Galicia de lanzamentos longos que xuntará,esta fin de semana, a preto de medio cento de lanzadores e lanzadoras no que supón os primeiros contactos oficiais importantes ca competición ó aire libre.

Malia ausencia de algúns e algunhas dos nosos lanzadores e lanzadoras de referencia, si estarán sobre o tartán pontevedrés atletas destacados entre os que cabe citar ó internacional Manuel Uriz quen fora campión de España no 2010 e que conta cunha MMP de 72.01. Xunto el compartirán protagonismo o campión mundial máster e campión galego absoluto, Nacho Fernández do Playas de Jandía en martelo. No concurso de disco figuran inscritos o atleta con máis campionatos de Galicia en activo Victor Gallego quen estará acompañado polo Campión de Europa máster en pista cuberta de disco e bronce de peso Javier Guzmán, ambos da Gimnástica Por último no concurso de xavelina femino, especial atención a atleta internacional Sub23 Andrea González quen intentará mellorar a súa MMT de 45.66 m.

Relación de inscritos

O artigo Campionato de Galicia de lanzamentos longos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Campionato de Galicia de lanzamentos longos

Mas noticias relacionadas