Carballo acolle o Campionato Xunta de Galicia de 10K

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de 225 atletas tomarán parte durante este domingo no Concello de Carballo, no Campionato Xunta de Galicia de 10K en ruta que xuntará aos mellores especialistas galegos e galegas das categorías absoluto, máster, Sub20 e Sub23

Este cita supón unha das probas máis agardadas do calendario de ruta, xa que é por excelencia, unha das preferida polos amantes das modalidades de carreiras pedestres.

O campionato que se desenvolverá a partir das 10:00 horas da mañán, terá a súa saída desde a rúa Gran Vía, situada xunto ao parque da Casa do Concello de Carballo.

Proba aberta

Na relación de atletas, non estará presente o campión galego absoluto do ano pasado Elmedhi El Nabaoui , si en cambio estará intentando repetir o título absoluto Laura Santos do Playas de Castellón quen parte como clara favorita.  Xunto á lucense  aspiran a revalidar os seus títulos Victorina Losada do Ourense Atletismo e Rubén Caamaño do Atletismo SAR na categoría máster35;  Rocío Alvite do Atletismo Sar na W40; Alejandro Pesado do C.A. O Pino na M45;  María Aurora González do Pinarium na categoría W50 e  José Suárez do C.A. Brión na M55.

Especial atención de cara a ocupar eses postos importantes da internacional do Celta Uxía Pérez  e da mazaricá Rocío Alvite en mulleres así como de Rubén Diz do Ourense Atletismo,  Alejandro Pesado de O Pino,  Anxo Castro do Vicky Foods, Rubén Castro de A Gándara e Amador Pena do S.D Compostela en homes.

O artigo Carballo acolle o Campionato Xunta de Galicia de 10K publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Carballo acolle o Campionato Xunta de Galicia de 10K

Mas noticias relacionadas