Catorce medallas no Campionato de Galicia Absoluto

Publicado por: S.G.Pontevedra

O sábado 30 de Xuño tería lugar nas recentemente remodeladas pistas de Elviña o LXXXV Campionato de Galicia Absoluto Masculino e LI Campionato de Galicia Absoluto Feminino. Unha treboada a primeiras horas da tarde con una choiva  que máis parecía  o diluvio mentras se disputaban as probas de martelo masculino e triple salto masculino fixo que a competición se detivese a espera de ver se amainaba o temporal , e fixo que ao final se suspendesen todos os concursos da tarde mantendo tan só as carreiras . Os atletas participantes na pértega feminina, salto de altura feminina, lonxitude feminina, triplo femenino e masculino , e xavelina masculina e feminina terán as súas probas no Campionato de Galicia Master o vindeiro fin de semana

Victor Gallego con dous ouros no lanzamento de disco (51.67)  e lanzamento de peso (16.31) foi dos atletas mais destacados do Campionato.

Dúas pratas foron  para Francisco Javier Guzmán tamén no lanzamento de disco (47.70)  e peso( 14.18). Medalla de prata Cristina Garrido atleta de categoría sub 18 que obtivo a prata absoluta nos 100 metros lisos  cun tempo  de 12.56 nunha final moi apretada co o ouro de Nerea Iglesias de Atletismo Fontes do SAr con 12.55. David Ferrer prata no salto de lonxitude  cun millor salto de 7.00 metros , e María Jiménez ( atleta sub18) prata no lanzamento de disco  cun mellor lanzamento de 34.89 metros.

Os sete bronces foron para  Xiana González  nos 200 metros con 25.62 sg, Eva Cid nos 800 metros con 2:16.49, Carlos Porto nos 1500 con 3.59.89, Raul Cortizo  (atleta sub 18)en salto de altura cun mellor salto de 1.86, Claudia Puig (atleta sub 20)  no lanzamento de disco cun mellor lanzamento de 34.48 , Sergio Paredes no lanzamento de martelo con 51.98 e Iria Filgueira (sub18) no lanzamento de martelo con 40.45.

Obtiveron posto de finalista Loreto Brea cuarta en martelo con 37.30, Eva Cid cuarta nos 1500 con 4:44.91, Lucía Ferrer (sub20) quinta  nos 100 valos con 15.15, Eva Sande (sub18) quinta  nos 5 km marcha con 31.07.5-, Blanca Armenteros (sub18)  sexta nos 800 lisos con 2:23.50, María Jiménez  sexta (sub 18) no lanzamento de peso  con 9.64, Sharay Astáriz sétima nos 800 metros con 2:24.77, Claudia Puig (Sub20) sétima no lanzamento de peso con 9.54  e Sandra Carballo sétima no lanzamento de disco con 32.59.

Parabéns a todos os atletas e adestradores, e a espera das probas pendentes  deste Campionato, desexarles a todos os que estén a procura da mínima do Campeonato de España absoluto que a poidan conseguir nos vindeiros días

resultados

 

 

 

La entrada Catorce medallas no Campionato de Galicia Absoluto aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Catorce medallas no Campionato de Galicia Absoluto

Mas noticias relacionadas