Javier Busto (Extol) e Teresa Barreira (Pillabikes) proclámanse Campións de Europa de MTB Ultramaratón

Publicado por: F.G. Ciclismo

Os ciclistas galegos Javier Busto ( Extol) e Teresa Barreira ( Pillabikes), ambos en categoría master, lograron alzarse co título de Campións de Europa de btt na modalidade de ultramaratón. Busto logrou impoñerse en master 30 b mentres Teresa fíxoo na de master40.

Os dous ciclistas foron os grandes triunfadores da representación galega no Campionato de Europa, que por segunda vez consecutiva celebrouse no ValAran da localidade catalá de Vielha. En total foron 213 quilómetros de distancia cun desnivel acumulado de 6.200 metros que contou coa presenza de máis de 600 deportistas de 13 paises.

A vitoria absoluta masculina foi para Joseba Albizu quen revalidou o título de Campión de Europa 2017. Estivo acompañado no podio por Alberto Fernández e Guillem Cassu. En canto ás mulleres, Clara Fernández proclamouse Campioa de Europa de Ultramaratón por diante de Ramona Gabriel e Sandra Jorda.


Enlace con la noticia original: Javier Busto (Extol) e Teresa Barreira (Pillabikes) proclámanse Campións de Europa de MTB Ultramaratón

Mas noticias relacionadas