Claras opcións para os galegos en Murcia

Publicado por: F.G. Atletismo

Son dous os importantes Campionatos de España que esta fin de semana se van a desenvolver e na que tomarán parte atletas galegos.

Para comezar Murcia acollerá o LXIV Campionato de España Sub20 á que acuden vintetrés deportistas con opcións tanto ós postos de finalistas como mesmo de podio. Os focos de atención recaerán nos 800 m. no que o atleta do Coruña Comarca Elian Nuna parte ca segunda mellor marca dos participantes. Interesantes resultarán tamén os 200 m. femininos ca presenza da atleta do Celta Andrea Pais cun rexistro acreditado este ano de 25.18

Sen lugar a dúbidas unha das claras apostas pola medalla de ouro será a que represente Raquel Meaños quen correrá os 800 m. figurando ca mellor marca das participantes con 2:07.05. Fernando Rial do A.Naron sairá nos 5.000 m, co obxetivo de estar nos postos altos da clasificación.

Nos valados curtos Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural intentará acadar un bo resultado que pasa por rebaixar esos 14.33 MMT

Na especialidade de lanzamentos a presenza de Andrea González da Gimnástica en xavelina dalle un claro papel de favorita grazas a esos 45.59 m. que a sitúan cómodamente á cabeza das participantes. Xunto ela estará a coruñesa Ivannna Carolina Roman do RIA Ferrol campioa nacional  Sub18 o ano pasado. No resto de lanzamentos Jaime Arias do Riazor Coruña andará na procura de pasar dos 15.00 metros en peso ó igual que Claudia Puig da Gimnástica en disco sobre os 37.00.

De novo a marcha será a proba que máis opcións depare para os nosos atletas xa que na categoría feminina Antía Chamosa parte como indiscutible favorita sendo tamén clara candidata á prata Leyre Aramburo. Nos homes o celeste Brais Prieto nos 10.000 m.  estará metido de igual modo, na loita pola título nacional.

Campionato de España Sub18

O artigo Claras opcións para os galegos en Murcia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Claras opcións para os galegos en Murcia

Mas noticias relacionadas