Marcos Alonso, novo xogador da UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

O canteirán celeste Marcos Alonso convertese na segunda fichaxe da UD Ourense de cara a próxima tempada. Trátase dun dianteiro centro que chega procedente do RC Celta de Vigo, onde desputou a última tempada co conxunto da División de Honra. Con 18 anos, incorporación con vistas ao futuro.

Trala presentación de Rubén Arce, no día de onte, chégalle o turno a unha nova incorporación, que recala en Ourense procedente do RC Celta de Vigo. Trátase do dianteiro xuvenil, Marcos Alonso Rodríguez “Marquitos” (30/11/1999), que desputou a pasada tempada co conxunto da División de Honra. Xogador de perfil ofensivo, con ficha sub.23 e que ven de rematar a súa formación de base na canteira dun clube de Primeira División.

Marcos desputou 18 encontros co primeiro equipo xuvenil, nos que anotou 6 tantos. Trátase dun xogador cun gran manexo de pés e potente disparo, ademáis de ter un perfil moi loitador. A tempada anterior, foi peza fundamental no Celta “B”, conxunto que se alzaría co título do seu grupo na Liga Nacional e no que o dianteiro anotou 16 tantos. É un dos futbolistas destacados dunha prolífica xeración de xogadores.

A punto de cumprir os 19 anos, recala en Ourense para desfrutar da súa primeira experiencia sénior e axudar o equipo na faceta ofensiva. Unha incorporación con vistas o futuro, dada a idade do xoador e que ademáis cumprirá co cupo de sub.23.  Convertese na primeira fichaxe da historia do clube dun xogador de fóra de Ourense.

O clube segue traballando no mercado e nos próximos días dará a coñecer máis novas relacionadas ca próxima tempada.

¡Benvido ao Ourense!

La entrada Marcos Alonso, novo xogador da UD Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Marcos Alonso, novo xogador da UD Ourense

Mas noticias relacionadas