Publicado por: S.G.Pontevedra
Quedastes con ganas de máis despois do Medio Maratón e preguntábades moito… Aquí está a XLII San Silvestre de Pontevedra!!
A data é coñecida: 31 de decembro. Tamén sabedes que será pola tarde, para baixar a comida e despedir o ano coa vosa xente e, por qué non, coñecer xente nova esa tarde porque o ano pasado tiñades o dorsal nada menos que 6531 persoas!!
A carreira, como todos os anos, terá carácter solidario, e é posible grazas á organización da Gimnástica e o Concello de Pontevedra e o Servizo de Deportes e a colaboración de Froiz, Galmotor, A Devesa e Miler.
Moita atención ás redes sociais e á web do club, porque iremos desvelando toda a información nos próximos días, pero ide xuntando á vosa xente. O récord quedou hai uns anos en 7000 dorsais e contamos convosco para superalo!! Vamos!!
Enlace con la noticia original: Comezamos a San Silvestre 2025! #SSPO25
