Confirmada a composición da Selección Galega que acudirá a Pamplona

Publicado por: F.G. Atletismo

Xa está perfilada finalmente a selección galega que tomará parte este sábado  día 27 de xullo no Campionato de España de Federacións Autónomicas que se levará a cabo en Pamplona.

Malia ausencias importantes, a nosa selección acude cun importante potencial que a priori fará que esté na loita polos postos importantes deste pretixioso torneo  como o fixera nas últimas edicións. 

Entre as ausencias destacadas por diversos motivos, atópase a de Ana Peleteiro, Adrián Ben, Eva Arias, Carmela Cardama, Antía Chamosa, Alfonso Palomanes, Victor Gallego e a dos relevistas Olaia Guisela Becerril e Sergio Rodríguez.

O xefe de expedición será o Secretario Xeral, Carlos Castro, quen estará acompañado nas tarefas loxístocas e organizativas por tres adestradores, un xuíz e dous directivos.

O artigo Confirmada a composición da Selección Galega que acudirá a Pamplona publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Confirmada a composición da Selección Galega que acudirá a Pamplona

Mas noticias relacionadas