Falece Natacha Astray, pioneira do atletismo feminino

Publicado por: F.G. Atletismo

Unha das pioneiras do atletismo galego e atletismo español, Natacha Astray, deixerianos no día de hoxe a idade de 75 anos

Nestes momentos no que a igualdade é afortunadamente un asunto prioritario e no que lentamente se vai avanzando, compre lembrar ás figuras de moitísimas mulleres que como Natacha, deron o primeiro  paso para rachar barreiras e estereotipos nun momento nada propicio para elo.

Entre os logros desta coruñesa multipolifacética (chegaría a ser internacional en balonmán e destacada xogadora de tenis)  son salientables os seus títulos de campioa de España nos 80 valos que a levarían a ser internacional.

Emilio Navaza, nun maxitral serial de artigos onde retrata a varias das nosas figuras máis ilustres, lembraba deste xeito a historia de Natacha Astray baixo o título que poría nome a un curioso episodio da súa vida atlética “Natacha Astray. Conmemorando la Revolución con  Fidel

O artigo Falece Natacha Astray, pioneira do atletismo feminino publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Falece Natacha Astray, pioneira do atletismo feminino

Mas noticias relacionadas