COPA DIPUTACIÓN DE LUGO – 1ª Xornada (sábado 19 xaneiro)

Publicado por: Lucus Atletismo

Novo fin de semana de competición para os/as atletas da Escola de Atletismo, desta vez na primeira das xornadas da COPA DIPUTACIÓN DE LUGO, que terá lugar o sábado 19 de xaneiro ao longo da mañá, no módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera, aquí na capital lucense.

A partir das 10:00 horas, darán comezo as distintas probas para a categoría SUB10, que poderá participar nos 50 m.l., salto de altura ou lanzamento de peso; a categoría SUB12, que tamén fará altura, 60 m.l. e salto de lonxitude e, por último, a SUB14, que a maiores terá os 60 m.v.

Por aquí vos deixamos o horario definitivo e información de interese, ademais dun enlace aos resultados para que poidades seguilos en directo.

HORARIO DEFINITIVO

Regulamento
Grupos para a proba de lonxitude feminina SUB12/SUB14
VÉMONOS ALÍ! 

Enlace con la noticia original: COPA DIPUTACIÓN DE LUGO – 1ª Xornada (sábado 19 xaneiro)

Mas noticias relacionadas