DOUS GALEGOS ESCOLARES ESTE DOMINGO

Publicado por: Ourense Atletismo

Se o sábado foi o turno para os absolutos, a xornada dominical foi o turno do atletismo escolar. Nin o calendario tan tardío nin a localización no Barco de Valdeorras acompañaba, pero o club puido presentar aos equipos feminino sub10 e masculino sub12 no Campionato Xunta de Galicia sub10 e sub12. Logrando unha fantástica posición de bronce sub12.

A nivel individual destacar as vitorias de Yahya el Mansouri no 500 sub12 (1:31.30), a prata de Marco Pereira na lonxitude sub12 (3.79), e os bronces de Aroi Fernández en lanzamento de pelota sub12 (28.93), Ada Cecilia Outeiriño nos 50 sub10 (8.81) e Noa Salgado nos 500 sub10 (1:48.77).

Xa pola tarde foi o turno do Campionato de Galicia sub14, esta vez individual. Destaca o bronce de Usúe Bernárdez nos 1.000 obstáculos. A participación foi moi ampla, 26 en total. Non houbo máis medallas, pero sí postos de finalistas como o de Sheila Varela nos 3.000 marcha acadando a 4ª posición con 17:53.17 ou o 5º posto de Walid el Mansouri nos 1.000 obstáculos con 3:26.55.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

CAMPIONATO DE GALICIA SUB10-SUB12 CLUBES

CAMPIONATO DE GALICIA SUB14 AIRE LIBRE

La entrada DOUS GALEGOS ESCOLARES ESTE DOMINGO apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DOUS GALEGOS ESCOLARES ESTE DOMINGO

Mas noticias relacionadas