Publicado por: Ourense Atletismo
Tres medallas foi a fantástica colleita do Club Ourense Atletismo no Campionato Galego Absoluto celebrado o sábado 17 en Santiago de Compostela. Ambas as tres viñeron da man dos concursos, posto que foron Blanca Pereira e Alba Martínez coas pratas en martelo e triplo e Diego Ares co bronce en altura quenes lograron subir ao podio.
Nunha xornada na que acompañou o tempo, as medallas chegaron pronto ao facer Alba Martínez unha fantástica marca de 11.84 metros, o que lle deu a segunda praza entre Marina Artemia e a internacional Alba Cuns.
Pouco despois chegaría o bronce de Diego Ares no salto de altura cunha marca de 1.81, facendo os tres nulos na altura de 1.84.
Xa pola tarde, Blanca Pereira logrou unha nova prata para o club, cun mellor lanzamento de 49.92 metros, estando escoltada no podio por Irene Gómez (55.56) e Aixa Corbacho 46.92).
Conxuntamente celebrouse o Campionato Galego Sub23, onde o club obtivo dúas medallas máis, as de Itzíar Manso e as de Martiño Míguez.
Itzíar conseguiu a prata nos 5.000 metros despois de para o crono en 18:56.37, nunha carreira na que quedou no 7º posto absoluto.
Martín Míguez foi bronce nos 800 metros con tempo de 1:58.26, gañando a súa serie e sendo 10º na final absoluta.
A estes fantásticos resultados habería que sumarlle todas as actuación de atletas como Mateo González, Lara Vázquez ou Alejandro Cadaya ata sumar un cómputo total de 18 participacións no galego absoluto e sub23.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campionato Xunta de Galicia Absoluto & Sub-23
La entrada TRES MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: TRES MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO