Excelentes resultados nos autonómicos de lanzamentos

Publicado por: F.G. Atletismo

Importante fin de semana no sector de lanzamentos onde se desenvolveron o Campionato de Galicia de Pentatlon de Lanzamentos máster o sábado en Pontevedra así o Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos longos Sub16 e Sub18 o domingo en Vilagarcía

Salientamos os excelentes rexistros acontecidos en Vilagarcía, onde a Sub16 Blanca Pereira no martelo melloraba en casi tres metros a mellor marca ca que se achegaba establecendo un rexistro de 45.82 m. que a fan liderar o ranking nacional da especialidade.

Destacados foron tamén os concursos na Sub18 de Nicolás Ortega do Coruña Comarca lanzando ata os 45.17 m. no disco ou os 57.56 m. do céltico Eric Mández no martelo. Na categoría feminina excelentes 53.35 m. de Marta Neira do AVA en martelo, os 40.80 m. no seu primeiro lanzamento en xavelina de María Pena de A Silva, así como os 34.94 m. no concurso de disco da atleta do RIA Ferrol  Sub16 Laura Rico, atleta esta última quen tamén gañaría o disco cun salientable rexistro de 30.38 m.

Bran Núñez do A.Morrazo en martelo con 44.31 m. e Daniel Loureiro de A Silva no concurso de xavelina con 43.05 m. tamén destacarían na cita autonómica.

 

CAMPIÓNS GALEGOS CATEGORIA SUB16

  • Disco: Laura Rico (RIA Ferrol) con 34.94 e Bran Núñez do Morrazo 37.29
  • Martelo: Blanca Pereira (Ourense A.) con 45.82 e Bran Núñez do Morrazo 44.31
  • Xavelina: Laura Rico (RIA Ferrol) 30.38 e Daniel Loureiro (A Silva) con 43.05 e

CAMPIONS GALEGOS CAYEGORIA SUB18

  • Disco: Paula Piñón (A.F.celta) con 32.36 e  Nicolás Ortega do Coruña Comarca con 45.17
  • Martelo: Marta Neira (AVA) con 53.35 e Eric Méndez (R.C.Celta) con 57.56
  • Xavelina: María Pena (A.Silva) con 40.80 e Daniel Mato (C.A.Santiago) 46.72

 

CAMPIONS GALEGOS PENTATLON MASTER

  • F40: María Teresa Janeiro do Cuntis con 1..831
  • F45: Marta Sureda do Lucus Caixa Rural con 2.263 p.
  • F60: María de los Angeles Rodríguez de A Silva con 2.321
  • F65: Emilia Mesa do Ourense Atletismo con 3.074
  • M35: Noel Vega do A. Narón con 2.781
  • M40: Antonio José Martínez do A.V.A. con 1.891
  • M45: Carlos Alberto Almudí do Durango Kirol con 3.135
  • M50: José Manuel Núñez de A Silva con 2106
  • M55: Xulio Ventín da Gimnástica de Pontevedra  con 3.387
  • M60: Carlos Ferrer do A. Narón con 3.361
  • M70: Manuel Rodríguez do R.C.Celta con 2.627
  • M75: José Manuel Almudí do ADAS Proinor con 2.518

O artigo Excelentes resultados nos autonómicos de lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Excelentes resultados nos autonómicos de lanzamentos

Mas noticias relacionadas