Expourense agarda a un gran número de máster no seu campionato

Publicado por: F.G. Atletismo

Fin de semana completo e intenso en Expourense ca disputa tanto do Campionato de Galicia absoluto como do Campionato de Galicia Máster que centrará toda a atención dos amantes da pista cuberta.

En concreto será esta última cita a que abra o sábado a participación dos máis dos 600 atletas achegados de todas as delegacións para tomar parte no Campionato de Galicia Máster que arrincará a partir das 10.30 horas para rematar en dobre xornada sobre as 20.30 horas.

Entre os inscritos e inscritas moitos son os nomes destacados entre os que cabe salientar a presenza do olímpico en Barcelona-92 Carlos Adán quen tomará parte na proba dos 3.000 m. O vixente campión de Europa dos 5.000 marcha e subcampión dos 10.000 m. Juán Morales do Marineda estará tamén tomando parte nos 3.000 marcha.

Outros dos importantes será o actual recordman galego de altura Carlos de la Peña quen con 2.20 m. estará evolucionando sobre a colchoneta de salto, no foso de area estarán tabto o finalista no europeo de triplo do 2018 Imanol Loureiro do Riazor Coruña como o medallista de bronce europeo  Basi Bernardez que probará sorte sobre o triplo. Fernando Paredes do Real Club Celta en peso e Amador Pena do SD Compostela, o Xosé Luis Otero Cepeda nos 3.000 m. completan a relación de algúns dos atletas máis salientables

Nas mulleres destacamos a presenza da múltiple medallista internacional e recórdwoman de España Emilia Mesa quen tomará parte nas probas de 60 m. e lanzamento de peso. Xunto ela sairá a pista Esther Pedrosa do Playas de Castellón, unha das nosas máis importantes máster de todos os tempos, quen tomará a saida na carreira dos 800 m.

O bronce mundialista en Polonia sobre os 10 km. María Teresa Castro do Atletismo Noia  tomará parte nos 3.000 m. e a finalista no mundial de Polonia Luz María Domínguez do Burgas Ourense competirá de igual modo nos 400 m.

Para rematar poderemos seguir a medallista internacional María de los Angles Rodríguez  de A Silva en lanzamento de peso; a medalla de bronce mundialista de pista cuberta de Torun Emma Valencia do A.F.Celta na proba dos 60 valos, ou a internacional de marcha nos anos 90 Rosa Sierra do Atletismo Sada quen competirá nos 3.000 marcha entre outras destacadas

O artigo Expourense agarda a un gran número de máster no seu campionato publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Expourense agarda a un gran número de máster no seu campionato

Mas noticias relacionadas