Frank Casañas, o máis destacado en Montijo

Publicado por: F.G. Atletismo

O VIII Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos ó que acudiron  un total de seis galegos nesta fin de semana, deixaría unha medalla de prata para os nosos lanzadores.

Para comezar na proba de disco a nosa mundialista en peso Belén Toimil tomaría parte lanzando ata os 43.76 m. o que supón unha proba de preparación para esas grandes e importantes citas que agardan a de Mugardos na súa especialidade.

No cuncurso de disco subcampionato nacional para Frank Casañas con 57.54 m. cedendo tan só ante Lois Maikel Martínez. Nesta mesma proba Víctor Gallego ocuparía a novena posición con 50.40 m.

Na xavelina mulleres Ángeles Filgueiras tan só podería contabilizar un lanzamento de 32.31 m. Peor sorte tería Nacho Fernández quen no concurso de martelo non puido contabilizar ningún lanzamento válido malia que Carlos Revuelta, no mesmo concurso, ocuparía unha excelente cuarta posición con 60.86 m.

Resultados

O artigo Frank Casañas, o máis destacado en Montijo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Frank Casañas, o máis destacado en Montijo

Mas noticias relacionadas