Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados

Publicado por: F.G. Atletismo

Os clubs, como un dos estamentos máis importantes do tecido atlético, teñen como unha das súas importantes misións a de xerar e crear todo un entramado formativo e competitivo que favoreza a actividade deportiva fundamentalmente federada. Non menos importante é a súa capacidade para organizar, colaborar, participar e programar ben de maneira individual, ben en colaboración cas distintas institucións públicas deportivas, sobre calquer tipo de actividade que polas súas caracteristicas e importancia sexa motivo de interese.

Precisamente serán estes clubs os que co seu número, constitúen un importante baremo de medición sobre o estado no que se atopa a nivel social as distintas actividades deportivas de índole federado. No que respecta ó noso deporte son, e ata o día de hoxe, un total de 122 (sen contar os centros escolares) os que se atopan espallados polas distintas delegacións da nosa comunidade ca misión fundamental de formar e dinamizar o atletismo entre a sociedade do noso país.

Do total dos clubs galegos dados de alta (a día de hoxe), posúen ficha nacional un 54,91% sendo a porcentaxe para as fichas autonómicas do 45,08 % o que amosa a clara proxección competitiva estatal de máis da metade das formacións deportivas.

Por delegacións o maior número de entidades deportivas censadas corresponde a Delegación de Pontevedra con 20,4%, seguida da de Santiago co 16,3%; Vigo co 14,7%; Lugo, A Coruña e Ourense co 13,1%; Ferrol co 5,7% e O Barco co 1,6%.

Nesta nova tempada foron catro os novos clubs que ata o momento se deron de alta na FGA: O Clube Atletismo Vilalba, Clube Polideportivo Lucense, Trieume As Pontes e o club betanceiro de AVNP Multideporte.

Relación Clubs 2018 – 2019

O artigo Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados

Mas noticias relacionadas