II CLASIFICATORIA Atletismo en pista – XOGADE (domingo 29 abril, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

atletismoenpistaxogade_iiclasificatoria290418.jpg
 
Continúa a tempada de aire libre para as categorías menores da Escola de atletismo e a categoría cadete do club. Nesta ocasión será o domingo 29 de abril coa II CLASIFICATORIA de atletismo en pista de XOGADE, que se disputará en horario de mañá e de tarde nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo. Segue lendo se queres coñecer o horario e as probas!
Nesta segunda clasificatoria o Lucus Caixa Rural Galega participará coas categorías benxamín, alevín e infantil da Escola e coa categoría cadete, que poderá competir de novo, nas seguintes probas.

HORARIO DEFINITIVO
iiclasificatoria_xogade_290418ma--.png
 
iiclasificatoria_xogade_290418tarde--.png


Lembrade ter en conta os seguintes aspectos importantes de cara á competición:
 
  • Acudir ás pistas, polo menos, 50 minutos antes da hora do inicio da proba.

  • Vestir a equipación de competir do club e traer as zapatillas de cravos, en caso de telas.
 
  • Levar imperdibles suficientes para colocar de xeito adecuado o dorsal que proporcione a organización.
 
 
IMPORTANTE: se aínda non respondestes ao correo electrónico que se vos enviou para as confirmacións de participación (ou non o recibístedes), facédeo na maior brevidade posible para contar con todos e todas as atletas que queiran participar ou quedarán fóra de prazo para inscribirse.
 
 
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico da Escola (escolalucus@gmail.com).
 
VÉMONOS!!
 

Enlace con la noticia original: II CLASIFICATORIA Atletismo en pista – XOGADE (domingo 29 abril, Lugo)

Mas noticias relacionadas