RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS (21 abril, Vigo)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciaclubs_210418resultados.jpg
 
Este pasado sábado 21 de abril citábanse no Estadio Municipal de Balaídos os 8 mellores equipos da nosa Comunidade Autónoma de Galicia para celebrar o XX CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS, cita que inaugura a tempada de aire libre e serve para experimentar as primeiras sensacións de cara aos seguintes campionatos galegos. Ata a localidade pontevedresa viaxou o Lucus Caixa Rural Galega cos seus equipos feminino e masculino case ao completo e xa están aquí os RESULTADOS, segue a ler!!
Nesta segunda quenda de competición por clubs, o Lucus Caixa Rural Galega loitou por manterse nun merecido 5º posto, no total dos once equipos galegos que se presentaron nas distintas categorías, grazas aos 142 puntos conseguidos polas e polos atletas do club (moi preto do 3º e 4º posto) e que, nesta ocasión, a maior parte deles pertencían á categoría cadete, experimentando este primeiro ano unha competición por equipos.
 
ctogaliciaclubs_210418resultadosma.png
 
ctogaliciaclubs_210418resultadostarde.png

 

En canto á clasificación por sexos, o equipo feminino acadou un total de 76 puntos, facéndose coa ansiada quinta posición no ránking das mulleres, logo das participacións nas distintas probas, varias delas sen cubrir e a primeira experiencia de moitas atletas xóvenes, que non impediron que destacasen. A nivel persoal, a participación de Inés Valentín, atleta filial do Club Ourense Atletismo, conseguiu o 2º posto nos 5km marcha, cun tempo de 25:30.19; Adiaratou Camara, que tamén obtería a segunda posición na proba dos 200 m.l., faría un rexistro de 26.42 e Carla Mourelle, aportou ao equipo un total de 7 puntos co seu mellor salto de lonxitude, alcanzando os 5.24 metros. Xa nos lanzamentos, foron Laura Copa (martelo, 39.02m) e Antía Novo (disco, 20.45m) as que aportarían á puntuación un total de 10 puntos coas súas cuartas posicións.

ctogaliciaclubs_210418resultadosfeminino.png
 
O equipo masculino, pola súa parte, loitaría —pese ás importantes baixas— por acadar o maior número de puntos posible, grazas á participación dos atletas máis xóvenes do club, que puideron experimentar esta competición e coller experiencia de cara ás seguintes. Na puntuación global, os 66 puntos conseguidos deixaríanos nunha sexta posición, a menos de dous puntos do quinto no ránking final. Miguel Pérez, cun rexisto de 15.00 nos 100 m.v. e Xabier Esteban, cun salto de 1.84 na proba de altura, sumarían un total de 18 puntos polos primeiros postos; aos que seguiría o segundo lugar de Pablo Modia na lonxitude, cun mellor salto de 6.83Oliver Vázquez na xavelina, cuxo lanzamento de 49.65 lle daría o terceiro posto.
 
ctogaliciaclubs_210418resultadosmasculino.png

 

Para rematar, cabe felicitar a ambos equipos pola súa participación, moitos/as dos cales conseguiron mellorar as súas marcas persoais e outros/as permitiron sumar puntos nas distintas probas, co único obxectivo de axudar ao equipo e ao club. NORABOA a todas e todos os que vos desprazastes e MOITO ÉXITO na tempada ao aire libre, que sen dúbida vos traerá excelentes sensacións e moi boas marcas. Deixámosvos os RESULTADOS COMPLETOS por se queredes botarlles un ollo.
 
resultadosbotn.png
 
 
GRAZAS EQUIPO!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS (21 abril, Vigo)

Mas noticias relacionadas