II XORNADA – LIGA GALEGA ABANCA (sábado 23 novembro, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

Fin de semana activa de competicións para os/as atletas da nosa Escola de Atletismo, que este sábado 23 de novembro tomarán parte na segunda xornada da LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES, nas pistas de atletismo locais do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Volverá ser en horario de mañá, a partir das 10:30 horas, con probas de pista cuberta e carreiras ao aire libre.

De novo adxúntase o horario definitivo e demais información de interese relativa á competición, como a lista de inscricións coas probas que fará cada atleta ou o regulamento, onde atoparás as principais normas de participación.

HORARIO DEFINITIVO

NOTA! Os/as atletas da categoría SUB14 (2007-2006), non esquezades revisar nos resultados en directo os grupos A e B de lonxitude feminina, pois as horas de competición varían.

Lembrade as recomendacións habituais:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da proba (para recoller o dorsal e quentar).
  • Levar o documento de identidade.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal (NON ESQUEZAS GARDALO PARA AS 3 XORNADAS).
  • Utilizar as zapatillas de cravos (se as tes) para as probas específicas.
  • Aprender da experiencia e desfrutar cos/as compañeiros/as.
VÉMONOS NAS PISTAS!!

Enlace con la noticia original: II XORNADA – LIGA GALEGA ABANCA (sábado 23 novembro, Lugo)

Mas noticias relacionadas